A
exposición a benceno está relacionada con importantes problemas de
saúde, a Axencia Internacional para a Investigación do Cancro
(IARC, polas súas siglas en inglés) clasificouno no grupo 1 como
canceríxeno en humanos, incluso establece unha relación directa con
desenvolvemento de leucemias mieloides en adultos expostos
ocupacionalmente.
O
benceno é un líquido incoloro de olor doce, que se evapora ao aire
rapidamente e é so lixeiramente soluble na auga. É sumamente
inflamable. A maioría da xente pode empezar a detectar o olor do
benceno no aire cando está en concentracións de 60 ppm e a
recoñecelo cando a concentración alcanza os 100 ppm. O benceno
ademais do aire, tamén se atopa na auga e no chan.
Fontes
principais
O
benceno proven
tanto de fontes industriais como naturais. Entre as fontes naturais
de benceno, entre as que se inclúen as emisións volcánicas e os
incendios forestais, tamén contribúen á presencia de benceno no
medio ambiente.
As
principais fontes antropoxénicas de exposición ao bencenos son o
fume do tabaco, as estacións de servizo, os gases do tubo de escape
dos coches e as emisións industriais. Os vapores ou gases de
produtos que conteñen benceno como por exemplo: pegamentos,
pinturas, cera para móbeis e deterxentes.
Referencia
lexislativa
O valor límite do benceno para
a protección da saúde recollido na Directivas 2008/50/CE e no Real
Decreto 34/2023, do 24 de xaneiro,
relativo
á mellora da calidade do aire
é
5 µg/m3.
Efectos
na saúde
O
benceno é un axente canceríxeno que pode ocasionar graves efectos
para a saúde, sendo o máis destacado a leucemia mieloide aguda.
Tamén se observou asociacións positivas para o linfoma no Hodgkin,
leucemia linfoide, etc. Así mesmo, está recoñecido o seu potencial
mutaxénico, incluíndo a súa capacidade para provocar mutacións
hereditarias, nas células xerminais dos humanos.
Ademais
dos seus efectos canceríxenos no sistema hematopoiético, o benceno
pode producir outros efectos agudos e crónicos na saúde. Unha
exposición breve a concentracións altas poder producir irritación,
mareos, náuseas, dor de cabeza, convulsións, perda de coñecemento,
alteracións cardíacas e incluso a morte, se os niveis fosen moi
altos.
Con
respecto aos efectos crónicos, o máis destacado é a alteración
dos tecidos de medula ósea onde se producen as células de sangue.
Podendo producir anemias, hemorraxias e a leucemia comentada
anteriormente. Tamén ten efectos prexudiciais para o sistema inmune
e o reprodutor.