Os incendios forestais, especialmente cando son descontrorlados, constitúen unha fonte importante de contaminación do aire en zonas urbanas e rurais. Inncrementan a deterioración ambiental, agravando a contaminación do aire, tanto externo como de interior.
Composición
do fume
O
fume dos incendios forestais está composto por unha mestura de gases
e partículas finas que se producen cando se queima a leña e outros
materiais orgánicos.
As
partículas microscópicas (PM2,5 e PM10) son o principal
contaminante nas exposicións ao fume a curto prazo (de horas a
semanas) porque poden chegar aos ollos e ao sistema respiratorio
causando problemas de saúde.
Ademais,
o fume contén dióxido de carbono, vapor de auga, monóxido de
carbono, hidrocarburos e outros compostos químicos orgánicos,
óxidos de nitróxeno e oligoelementos.
Efectos
sobre a
saúde derivados do fume dos incendios forestais
As
partículas microscópicas (PM2,5 e PM10) poden causar irritacións
nos ollos, nariz, gorxa e pulmóns, ademais de provocar dor de
cabeza, dor torácica ou dificultade respiratoria.
Ademais,
as partículas finas poden agravar as enfermidades cardíacas e
pulmonares crónicas. As persoas que padecen algunha enfermidade
cardíaca, poderían experimentar dor de peito, pulso acelerado,
falta de aire ou fatiga.
Persoas
máis vulnerables
As
persoas que teñen maior risco da exposición ao fume dos incendios
son:
Os
bebés,
os nenos, nenas e
adolescentes,
xa que as súas vías respiratorias aínda se están a desenvolver
polo que respiran máis aire por kg de peso corporal que unha
persoa adulta.
As
embarazadas.
As
persoas maiores de 65 anos.
As
persoas con enfermidades respiratorias ou cardíacas crónicas (como
asma, enfisema, enfermidade obstrutiva pulmonar crónica,
insuficiencia cardíaca conxestiva ou anxina).
As
persoas con diabetes porque son mais propensas a padecen unha
enfermidade cardiovascular sen diagnosticar.
Recomendacións
e medidas de protección fronte ao fume
Ante síntomas de irritación ocular por exposición ao fume, recoméndase lavar os ollos con soro fisiolóxico ou auga limpa para retirar partículas, empregar lágrimas artificiais sen conservantes para hidratar e protexer a superficie ocular e evitar fregar os ollos, xa que isto pode empeorar a lesión.
Limitar
ao máximo
as estadías no exterior.
- Evitar realizar actividade física ao aire libre.
- Se é necesario saír ao exterior, empregar máscaras FFP2, xa que aínda que non evita o paso dos gases e das partículas de menor tamaño, si retén as partículas máis grandes. Se é posible empregar gafas para protexer tamén os ollos de irritacións oculares.
- Recoméndase permanecer dentro da casa, manter o aire interior tan limpo como
sexa posible e pechar portas e fiestras.
-
Reducir outras fontes de contaminación do aire interior evitando
fumar, utilizar fornos a leña, pulverizar produtos en aerosol, fritir ou asar carne, prender velas e
incensos. Isto pode aumentar os niveis de partículas no fogar e
deben evitarse cando exista fume proveniente de incendios forestais.
-
En caso de dispoñer de aire acondicionado, recoméndase utilizalo,
preferentemente con filtros de alta eficiencia que permitan captar as
partículas finas do fume. Se o sistema conta cunha entrada de aire
fresco, débese colocar en modo de recirculación ou pechar o
regulador de toma de aire exterior. Unha boa medida para manter limpo
o aire da casa é a utilización dun purificador de aire portátil.
- Manterse ao tanto das mensaxes de emerxencias e outras fontes oficiais sobre as medidas adicionais de seguridade.
Recomendacións
e medidas de protección fronte ás cinzas
As
cinzas e os entullos das estruturas queimadas poden chegar ao
interior das casas. As cinzas conteñen metais tóxicos e produtos
químicos que poden danar a saúde. Poden irritar a pel, os ollos, o
nariz e a garganta, dificultar a respiración e provocar ataques de
asma nas persoas que padecen esta enfermidade.
En caso de contacto coas cinzas, lavar as zonas expostas da pel, ollos ou boca o antes posible, extremando as precaucións.
Recoméndase o uso de máscara, luvas, roupa de manga
longa, pantalóns longos, zapatos e calcetíns para protexer a pel,
así como o uso de gafas para protexer os ollos.
Manter
aos nenos e
nenas
afastados das cinzas e limpe os xoguetes antes de que xoguen con
eles.

Información
sobre a calidade do aire da súa zona
A
calidade do aire en Galicia pode pode consultarse en tempo real a
través da web de MeteoGalicia, onde se informa do Índice de
Calidade do Aire (ICA). Calidade
do aire en Galicia - MeteoGalicia
Ademais,
o índice de calidade do aire incorpora recomendacións
sanitarias
para a poboación en xeral e para a poboación sensible, na liña
coas recomendacións sanitarias do índice de calidade europeo.
Referencias
e outras fontes de información
CDC.
Incendios forestais:
https://www.cdc.gov/es/disasters/wildfires/index.html
EPA: https://espanol.epa.gov/espanol/como-puede-afectar-la-salud-el-humo-de-los-incendios
Última
revisión: 21 de agosto de 2025