O
conxunto de microorganismos presentes no aire interior comprende
virus, bacterias, fungos, incluídos
os fungos e levaduras, algas verdes e azuis e amebas de vida libre.
Debe tamén terse en conta outros factores bióticos na pesquisa de
causas para as enfermidades relacionadas cos edificios, como son as
partículas biolóxicas de transmisión aérea como o pelo de certos
animais, diferente material derivado de insectos e ácaros e os seus
produtos de excreción, así como o polen, esporas fúnxicas,
micotoxina e endotoxinas.
A
contaminación biolóxica en ambientes interiores transmítese
maioritariamente a través do aire, en forma de aerosois, definidos
como bioaerosois que están constituídos por seres vivos, ou
moléculas grandes que foron liberadas por un ser vivo. Formando
parte dun bioaerosol pódense encontrar microorganismos tales como
virus, bacterias, fungos e protozoos e tamén grans de pole, pelos e
caspa, procedentes de animais de compañía, fragmentos de insectos e
ácaros, así como os seus excrementos, micotoxinas e endotoxinas, e
compostos orgánicos volátiles do metabolismo dos microorganismos
(COVM).
Para
que se produza un aerosol a partir dun organismo ou das súas partes,
requírese a existencia dun reservorio, un proceso de amplificación
e multiplicación (cando se dan as condicións adecuadas de
temperatura, humidade e pH) e a diseminación do aerosol.
A
principal fonte de contaminación biolóxica no interior dos
edificios é o aire exterior. As esporas e os fragmentos fúnxicos,
así como a pole e as bacterias ambientais, poden introducirse nestes
por diversas vías, como o sistema de ventilación, fiestras, fendas
existentes nas paredes, sobre a superficie de materiais novos ou
adheridos a roupa e o calzado das persoas. Os ocupantes do edificio
tamén poden contribuír á contaminación biolóxica do aire
interior, xa que son considerados a fonte máis importante de
bacterias e virus, ademais de poder transportar outros contaminantes
biolóxicos, como alérxenos de animais de compañía.
Os
axentes biolóxicos máis característicos nun ambiente interior son
os seguintes:
1.
Bacterias
No
aire interior, predominas as bacterias Gram positivo, procedentes das
mucosas da boca, as vías respiratorias altas e a pel. Entre estas
atópanse o Staphylococcus epidermidis, S. Aureus, Aerococcus
spp., Micococcus spp. e Streptococcus spp. No referente ás
bacterias Gram negativo, non adoitan ser abundantes nos ambientes
interiores, inda que se poden atopar en especial Pseudomonas
(que viven na auga ou no chan e crecen rapidamente) e a Legionella
pneumophila (pode estar presente en sistemas de distribución de
auga sanitaria, quente e fría, humidificadores, torres de
refrixeración, equipos de terapia respiratoria, duchas, etc.).
Outras
bacterias que poden estar presentes no aire interior e provocan
enfermidades son as causantes de enfermidades alérxicas, como a pneumonite por hipersensibilidade; entre estas atópanse Bacillus
subtilis, Pseudomonas aeruginosa (humidificadores) e as bacterias
filamentosas (humidificadores e outros equipos do sistema de
ventilación e climatización). Cabe destacar as endotoxinas que son
altamente tóxicas e que se poden atopar tamén nos humidificadores.
Tamén
pode atoparse o Mycobacterium tuberculosis, causante da
tuberculose e que se transmite fundamentalmente de persoa a persoa,
podendo estar asociada a edificios con escasa renovación de aire.
Organismo
|
Gram
|
Forma
|
Enfermidade
|
Presenza
no aire
|
Exterior
|
Interior
|
Legionella
pneumophila
|
-
|
|
|
|
|
Pseudomonas
|
-
|
|
|
|
|
Entéricos
|
-
|
|
|
|
|
Bacillus
|
+
|
|
|
|
|
Microccus
|
+
|
|
|
|
|
Mycobacterium
|
+
|
|
|
|
|
Thermoactinomyces
|
+
|
|
|
|
|
Corynebacterium
|
+
|
|
|
|
|
2.
Virus
A
vía principal de transmisión en espazos interiores é de persoa a
persoa, debido á inhalación de aerosois xerados ao tusir ou
espirrar, como é o caso da gripe ou do arrefriado común. Polo
tanto, as taxas de infección poder ser maiores en situacións de
aglomeración de persoas e en edificios con escasa renovación de
aire.
3.
Fungos
O
crecemento dos fungos vese favorecido en ambientes húmidos e con
nutrientes, os cales están presentes en materiais como a madeira,
papel, alfombras, po, terra das macetas, etc., sendo a súa fonte
habitual de contaminación o medio ambiente exterior, podendo
introducirse no edificio mediante diferentes medios, como as persoas,
po, superficies de materiais novos ou a través da ventilación. A
súa proliferación débese principalmente ao exceso de humidade.
4.
Protozoos
Os
protozoos son organismos unicelulares, sendo algúns deles parasitos
dos vertebrados. A transmisión de un hóspede a outro realízano habitualmente insectos. Son exemplos de protozoos que poden estar
presentes no aire interior as amebas Acanthamoeba e Naegleria,
animais microscópicos unicelulares que se alimentan de bacterias e
outras partículas orgánicas en humidificadores e augas estancadas
de desaugadoiros así como nos sistemas de ventilación e
climatización.
5.
Pole
O
pole orixínase principalmente nas plantas de exterior e a súa
concentración no interior dos edificios é normalmente moito máis
baixa que no exterior debido ao denominado efecto escudo. Polo tanto,
os problemas respiratorios asociables á presenza de pole en
interiores aparecerá en situacións de elevada concentración
exterior. Para máis información sobre este contaminante biolóxico
prema na seguinte ligazón.
6.
Caspa e pelos de animais
A
presenza de caspa e de pelos de animais en ambientes interiores
debese xeralmente a que as persoas teñen animais de compañía (cans
e gatos) na súa casa, os cales transportan estes alérxenos nas súas
roupas.
7.
Insectos
Os
insectos e as súas excretas poden causar alerxias respiratorias.