En
conxunto as enfermidades transmitidas polos vectores representan un
17% das enfermidades infecciosas. Os principais vectores asociados á
transmisión das ditas enfermidades son as carrachas e os mosquitos.
O
impacto do clima sobre a presentación dunha enfermidade pódese
producir a través da súa influencia na poboación dos vectores, dos
hóspedes ou reservatorios, ou directamente no desenvolvemento do
patóxeno. Nas últimas décadas detectouse un incremento na
incidencia e distribución das enfermidades transmitidas por
vectores, feito asociado ao fenómeno de globalización e ao cambio
climático, dado que este modifica os patróns de distribución dos
vectores responsables da transmisión.
Os
cambios na temperatura, nas precipitacións e na humidade afecta o
comportamento e a estacionalidade e a abundancia dos vectores, dos
hóspedes intermediarios e dos reservatorios naturais e a súa
distribución xeográfica.
En
Galicia existen vectores infectados polos microorganismos que dan
orixe ás enfermidades: leishmaniose, a febre exantémica
mediterránea e enfermidade de Lyme.
Tamén
hai vectores doutras enfermidades, como a debida ao virus do Nilo
Occidental ou á febre hemorráxica de Crimea-Congo, que na
actualidade non están a transmitir as ditas enfermidades en Galicia
xa que aínda non están infestados cos microorganismos que as
producen. Pero esta situación pode mudar se os mosquitos ou as
carrachas se infestan e acadan unha densidade suficiente. De feito,
xa se detectaron algúns casos en humanos da enfermidade debida ao
virus do Nilo Occidental no sur da península Ibérica, e de febre
hemorráxica de Crimea-Congo en Castela e León.
Na
actualidade na nosa comunidade, están presentes vectores
transmisores doutras enfermidades como o dengue, o chikungunya ou o
zika, mais non se descarta que nun futuro poidan chegar e instalarse
en Galicia, do mesmo xeito que xa fixeron noutras partes da
península.
Co fin de controlar a transmisión destas enfermidades, coñecer a
densidade, a distribución espazo-temporal e o grao de infestación dos
vectores presentes e detectar a chegada e instalación dos que aínda non o
están, constituíuse mediante un convenio de colaboración entre as
consellerías de Sanidade e de Medio Rural e as universidades de Santiago de
Compostela e Vigo, a Rede
Galega de Vixilancia de Vectores (ReGaViVec).
Na páxina web desta consellería atópase
información sobre Enfermedades Transmitidas por vectores.
Na páxina
web do Ministerio de Sanidade pode
atopar información
técnica para profesionais sanitarios en relación coas
enfermidades como o dengue, o chikungunya e o zika nesta
ligazón.