É
un gas incoloro,
irritante, cun olor penetrante que se comeza a percibir con 0,3 a 1,4
ppm e é perfectamente distinguible a partir de 3 ppm. A súa
densidade é o dobre que a do aire. Non é un gas inflamable, nin
explosivo e ten moita estabilidade, é moi soluble en auga e en
contacto con ela convértese en ácido sulfúrico.
Fontes
principais
A
presencia de
dióxido de xofre
débese ás actividades asociadas coa combustión dos combustibles
fósiles (a madeira, o carbón e os derivados do petróleo) tal como
acontece nas plantas de enerxía, nos procesos de calefacción ou nos
vehículos de transporte. Na natureza o anhídrido sulfuroso pódese
liberar ao aire polas erupcións volcánicas.
Unha
vez liberado ao ambiente, pódese transformar no ácido sulfúrico
(H2SO4)
e no trióxido de xofre (SO3).
Actúa tamén como precursor doutros contaminantes como as partículas
PM 2,5 e xunto cos óxidos de nitróxeno (NOx)
e o amoníaco (NH3)
é un dos principais causantes da choiva ácida.
Mentres
os niveis do SO2
no aire son tipicamente máis altos nos meses de inverno, demostrouse
que a exposición é máis alta durante os meses de verán, debido
seguramente ao aumento das actividades ao aire libre durante este
meses e a unha maior ventilación dos fogares.
Referencia
lexislativa e acordos internacionais
Os
valores límite do SO2
para
a protección da saúde recollido no Real
Decreto 102/2011, son
os seguintes:
|
Período
de medio
|
Valor
límite µg/m3 SO2
|
Valor
límite horario
|
1
hora
|
350
valor que non se poderá
superar en máis de 24 ocasións por ano civil
|
Valor
límite diario
|
24
horas
|
125
valor que non se poderá
superar en máis de 3 ocasións por ano civil
|
Os
limiares de activación, información e de alerta recollidos no RD
son:
|
Parámetro
|
Limiar
µg/m3 SO2
|
Limiar
de activación
|
Medio
horario (1)
|
200
|
Limiar
de información |
Medio
horario (2)
|
350
|
Limiar
de alerta |
Medio
horario
|
500,
considerarase superado
cando durante 3 horas consecutivas se exceda dito valor cada hora
en lugares representativos da calidade do aire nunha área de,
como mínimo, 100 km2 ou nunha zona ou aglomeración enteira,
tomando a superficie que sexa menor
|
(1)
Haberá
de medirse ou determinarse preditivamente para a activación do plan,
durante un número determinado de horas a definir xustificadamente
pola administración competente, garantindo a protección da saúde
da poboación e que os medios necesarios estarán dispoñibles para a
adopción de medidas en caso de superación dos limiares de
información ou alerta.
(2)
Durante
un número determinado de horas para o medio móbil 24 h ou días
para o medio diario a definir pola administración competente
sempre e cando permita garantir a protección da saúde da poboación.
Calidade
do aire interior
O
SO2
considérase
un contaminante exterior, xa que é onde se atopan a maioría das
fontes que o orixinan. En ambientes interiores os niveis presentes
son moi inferiores aos do exterior, sempre que non existan focos que
o poidan orixinar como estufas de queroseno, caldeiras ou chemineas.
Efectos
na saúde
O
SO2
é un
produto primario da combustión de combustibles fósiles que pode ser
agrupado xunto a aerosois ácidos e partículas para formar un
complexo grupo de distintos contaminantes do aire asociados cunha
ampla serie de efectos adversos sobre a saúde, incluíndo
mortalidade e morbilidade respiratoria a corto prazo e irritación e
agravamento de enfermidades respiratorias crónicas con efectos
agudos.