Trátase
dunha mestura de contaminantes dispersos no aire en forma de aerosois
líquidos ou sólidos, que poden presentarse como feluxe, nubes de po
ou brétema, non podendo detectarse illadamente a simple vista.
En
ambientes interiores, as partículas de máis de 10 µm
de diámetro considéranse po. No ambiente laboral podemos atopar:
- Po mineral: aqueles que conteñen sílice libre cristalina, carbón
ou cemento.
- Po metálico: chumbo, cadmio, níquel, berilio.
- Po químico: praguicidas ou reactivos químicos.
- Po orgánico e vexetal: fariña, madeira, algodón, pole.
- Po biolóxico: mofos e esporas.
Idenfícanse
normalmente como materia particulada (PM particulate matter) con un
subíndice que indica o diámetro aerodinámico máximo da partícula.
Fontes
principais
Poden
producirse de forma primaria, emitidas por unha fonte (combustións,
po, etc.), ou ben orixinarse por reaccións na atmosfera entre
substancias químicas como os óxidos de xofre e os óxidos de
nitróxeno que son emitidos dende plantas de xeración de enerxía,
industrias e automóbiles.
Referencia
lexislativa e acordos internacionais
PM
10
Os
valores límite das partículas
PM 10 en condicións ambientais para
a protección da saúde recollido no Real Decreto 34/2023,
do 24 de xaneiro, son os seguintes:
|
Período
de medio
|
Valor
límite µg/m3
|
Valor
límite diario
|
24
horas
|
50
valor que non se poderá
superar en máis de 24 ocasións por ano
|
Valor
límite anual
|
1
ano civil
|
40
|
Os
limiares de activación, información e de alerta recollidos no RD
son:
|
Parámetro
|
Limiar
µg/m3
|
Limiar
de activación
|
Medio
24 h ou medio móbil 24 h (1)
|
40
|
Limiar
de información
|
Medio
24 h ou medio móbil 24 h (2)
|
50
|
Limiar
de alerta
|
Medio
24 h ou medio móbil 24 h (2)
|
80
|
(1)Haberá de medirse ou determinarse preditivamente para a activación
do plan, durante un número determinado de horas a definir
xustificadamente pola administración competente, garantindo a
protección da saúde da poboación e que os medios necesarios
estarán dispoñibles para a adopción de medidas en caso de
superación dos limiares de información ou alerta.
(2)Durante
un número determinado de horas para o medio móbil 24 h ou días
para o medio diario a definir pola administración competente sempre
e cando permita garantir a protección da saúde da poboación.
PM
2,5
Os
valores límite das partículas
PM 2,5 en condicións ambientais para
a protección da saúde recollido no Real Decreto 34/2023,
do 24 de xaneiro, son os seguintes:
|
Período
de medio
|
Valor
límite µg/m3
|
Valor
obxectivo anual
|
1
ano civil
|
25
|
Valor
límite anual
|
1
ano civil
|
25
|
Os
limiares de activación, información e de alerta recollidos no RD
son:
|
Parámetro
|
Limiar
µg/m3
|
Limiar
de activación
|
Medio
24 h ou medio móbil 24 h (1)
|
25
|
Limiar
de información
|
Medio
24 h ou medio móbil 24 h (2)
|
35
|
Limiar
de alerta
|
Medio
24 h ou medio móbil 24 h (2)
|
50
|
(1)Haberá de medirse ou determinarse preditivamente para a activación
do plan, durante un número determinado de horas a definir
xustificadamente pola administración competente, garantindo a
protección da saúde da poboación e que os medios necesarios
estarán dispoñibles para a adopción de medidas en caso de
superación dos limiares de información ou alerta.
(2)Durante
un número determinado de horas para o medio móbil 24 h ou días
para o medio diario a definir pola administración competente sempre
e cando permita garantir a protección da saúde da poboación.
Calidade
do aire interior
As
fontes de partículas no ambiente interior inclúen fume ambiental do
tabaco, cociña, calefacción, produtos de consumo, materiais de
construción, po, resuspensión de partículas procedentes da
actividade humana tales como o uso de aspiradoras e tráfico
pedestre, infiltración de partículas do exterior e aerosois
orgánicos secundarios.
Efectos
na saúde
O
rango de tamaño que pode considerarase perigoso en relación con
orixinar efectos sobre a saúde humana e afectar a calidade do aire
está comprendido entre 0,1 e 10 µm
de diámetro xa que, en xeral, estas partículas, unha vez inhaladas,
teñen maior capacidade de penetración no sistema respiratorio. A
menor tamaño, máis capacidade para chegar aos alvéolos pulmonares
(bolsas diminutas de aire nas terminacións dos bronquíolos, que son
o lugar onde os pulmóns e o torrente sanguíneo intercambian dióxido
de carbono e osíxeno). Ao marxe do seu tamaño, o seu efecto tóxico
está estreitamente relacionado coa súa composición.
Tamaño
de partícula
|
Zona
do sistema respiratorio alcanzada
|
5
– 10 µm
|
Nasofarinxe
|
3
– 5 µm
|
Traquea
|
2
– 3 µm
|
Bronquios
|
1
– 2 µm
|
Bronquíolos
|
0,1
– 1 µm
|
Alvéolos
|
Tanto
as exposicións a corto prazo como a longo prazo producen problemas
de saúde. Os efectos sobre a saúde dependen do tipo de partícula e
a súa facilidade de penetración no organismo. Entre estes están:
- Enfermidades pulmonares clásicas (pneumoconiosis).
- Irritacións e inflamacións de vías respiratorias e ollos
(alveolitis, bronquiolitis, fibrosis, asma, etc.).
- Maior incidencia e agravamento de enfermidades respiratorias e
cardiovasculares.
- Aumento da frecuencia de cancro pulmonar a longo prazo.
- Lesións de pel: irritación cutánea e dermatosis.
- Lesións nos ollos (conxuntivites).