O mais visto

  • Imaxe contido

    Información xeral

    0s problemas na calidade do aire do interior recoñecense como importantes factores de risco para o ser humano tanto en países con altos, medios e baixos ingresos. O aire interior é importante tamén porque as persoas pasan unha proporción substancial do seu tempo en edificios. En residencias, centros de saúde de día e outros edificios especiais, a contaminación do aire interior afecta a grupos de poboación que son particularmente vulnerables debido ao seu estatus de saúde ou idade.​​​
  • Imaxe contido

    Recomendacións sanitarias e efectos sobre a saúde

    A OMS recoñece a contaminación do aire como un factor de risco para a saúde humana e inda que existen limiares para elementos contaminantes presentes no aire exterior, non existe un límite a partir do cal os eleme10ntos contaminantes non son un risco para a saúde.

    Por elo, é necesario o establecemento de recomendación actualizadas para diminuír a exposición da poboación a dito risco. A inclusión das recomendacións para a saúde, demostraron a diminución dos problemas de saúde derivados da exposición aos contaminantes que se atopan no aire exterior.​​​​​​​​​​​

  • Imaxe contido

    Recomendacións sanitarias

    A calidade do aire interior nun edificio depende dunha serie de variables, como a calidade do aire exterior, o deseño orixinal e as subsecuentes modificacións na estrutura e os sistemas mecánicos, as técnicas de construción, as fontes de contaminación (materiais de construción e mobiliario, humidade, procesos e actividades dentro do edificio), os ocupantes do edificio e as fontes externas.
  • Imaxe contido

    Fontes de contaminación e factores de risco

    A contaminación do aire é unha das maiores ameazas medioambientais para a saúde humana, xunto co cambio climático. A mellora da calidade do aire pode potenciar os esforzos de mitigación do cambio climático, mentres que a redución das emisións mellorará a súa vez a calidade do aire. O esforzarse por alcanzar estes niveis de referencia, os países estarán protexendo a saúde das persoas e mitigando o cambio climático mundial.
  • Imaxe contido

    Información xeral

    Os científicos dedicados ás cuestións climáticas demostraron que as persoas somos responsables do quecemento global dos últimos 200 anos. As actividades humanas, principalmente a queima de combustibles fósiles como o carbón, o petróleo e o gas, xeran gases de efecto invernadoiro que elevan a temperatura do planeta ao ritmo máis rápido dos 2000 anos pasados.

    O aumento da temperatura só é o principio, a Terra é un sistema, no que todo está conectado, os cambio dunha zona poden influír nos cambios de todas as demais.​​​​​​​​​​​​​​​

  • Imaxe contido

    Principais problemas de saúde relacionados coa calidade do aire interior

    Unha deficiencia na calidade do aire interior pode dar lugar a efectos sobre os individuos que afectan a súa saúde, confort e produtividade. Segundo a OMS nas cidades pasase do 80 ao 90% da xornada en espazos pechados (oficinas, escolas, hospitais, comercios, domicilio, etc.) polo que para preservar a saúde das persoas é importante seguir as normativas vixentes para a calidade do aire interior na que se establecen parámetros de actuacións específicos na construción, ventilación e mantemento de espazos pechados para garantir a salubridade dos seus ocupantes.
  • Imaxe contido

    Os principais contaminantes biolóxicos

    O conxunto de microorganismos presentes no aire interior comprende virus, bacterias, fungos, incluídos os fungos e levaduras, algas verdes e azuis e amebas de vida libre. Debe tamén terse en conta outros factores bióticos na pesquisa de causas para as enfermidades relacionadas cos edificios, como son as partículas biolóxicas de transmisión aérea como o pelo de certos animais, diferente material derivado de insectos e ácaros e os seus produtos de excreción, así como o polen, esporas fúnxicas, micotoxina e endotoxinas.

  • Imaxe contido

    Metais

    Os metais pesados como o chumbo, níquel, cadmio e arsénico son contaminantes comúns no aire e son emitido principalmente por algunhas industriais y a combustión de carbón. Inda que os seus niveis son baixos, a súa deposición e o consecuente aumento do seu contido en chans, sedimentos e organismos pode afectar posteriormente vía a inxesta de alimentos (cadea trófica).​ 

  • Imaxe contido

    A contaminación atmosférica

    A contaminación do aire ambiente representa un importante risco medioambiental para a saúde. Debido á variabilidade individual do seu impacto na saúde, as persoas pertencentes aos principais grupos de risco son as máis sensibles á exposición aos contaminantes atmosféricos. Por este motivo, deberán prestar unha atención especial ás comunicacións e ás recomendacións emitidas polas autoridades responsables nos casos nos que se superen os limiares de información e alerta á poboación destes contaminantes.

2 de 3
Elementos por páxina
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde