Índice Calidade do Aire

Índice Calidade do Aire

0 Índice Nacional de Calidade do Aire permite comprobar, en tempo real e de forma sinxela, a calidade do aire que marcan as estacións de medición da rede nacional de vixilancia, incluíndo ademais recomendacións sanitarias para a poboación xeral e sensible.

Móstrase a situación en materia de calidade do aire para: partículas en suspensión, ozono troposférico, dióxido de nitróxeno e dióxido de sofre. Establecendo cinco niveis de calidade do aire en función do resultado de dito índice: boa, razonablemente boa, regular, desfavorable, moi desfavorable e extremadamente desfavorable.​​​​​​​​​​​​

O Índice Nacional de Calidade do Aire (ICA) foi aprobado mediante a Orde TEC/351/2019, do 18 de marzo, modificado su Anexo mediante la Resolución do 2 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Esta orde segue as directrices do Índice Europeo de Calidade, o cal foi posto en marcha en novembro de 2017 pola Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA) e a Comisión Europea e permite aos usuarios comprobar a calidade actual do aire en cidades e rexións de toda Europa.

O ICA aplícase a todo o territorio nacional e básease nos valores de concentración de cinco contaminantes clave:

  • ​Partículas en suspensión PM10
  • ​Partículas en suspensión PM2,5
  • Ozono troposférico (O3)
  • Dióxido de nitróxeno (NO2)
  • Dióxido de sofre (SO2)

As bandas do índice de calidade do aire establécense tomando en consideración os riscos relativos asociados á exposición a curto prazo a PM10, PM2,5, O3 e NO2, de acordo co establecido pola OMS e no caso do SO2, os valores límite establecidos na Directiva de Calidade do Aire da UE.

niveles.jpg 

Fonte: Orde TEC/351/2019, do 18 de marzo

O índice de calidade do aire incorpora recomendacións sanitarias para a poboación en xeral e para a poboación sensible, na liña coas recomendacións sanitarias do índice de calidade europeo.​

​

BOA
Mensaxes Calidade do aire satisfactoria, a contaminación non supón un risco para a saúde
Grupos de risco Desfruta das túas actividades no exterior de xeito normal
Poboación xeral Desfruta das túas actividades no exterior de xeito normal


FAVORABLE
Mensaxes Calidade do aire aceptable, aínda que algúns contaminantes poden supoñer un lixeiro risco para a saúde dos grupos de risco e individuos sensibles á polución
Grupos de risco Considera reducir as actividades prolongadas e activas no exterior. Non é perigoso estar no exterior, pero toma máis descansos e diminúe a intensidade da actividade
Poboación xeral Vixía a aparición de síntomas como tose ou falta de aire e, se aparecen, considera reducir a exposición prolongada ou activa no exterior


REGULAR
Mensaxes A calidade do aire probablemente non afecte á poboación xeral pero pode presentar un risco moderado para os grupos de risco
Grupos de risco Reduce as actividades prolongadas e activas no exterior. As persoas con asma ou enfermidades respiratorias deben seguir coidadosamente o seu plan de medicación e usar o seu inhalador máis frecuentemente. Os adultos con problemas do corazón poden experimentar palpitacións, dificultade na respiración ou fatiga inusual; se ocorre, busca asistencia médica
Poboación xeral Vixía a aparición de síntomas como tose, irritación de gorxa, falta de aire, fatiga excesiva ou palpitacións. Se aparecen, reduce as actividades prolongadas e activas no exterior


MALA
Mensaxes Toda a poboación pode experimentar efectos sobre a saúde e os grupos de risco efectos moito máis serios
Grupos de risco Evita as actividades prolongadas e activas no exterior, considerar realizalas no interior ou pospoñelas para cando a calidade do aire sexa boa ou moderadamente boa. Segue o plan de tratamento meticulosamente
Poboación xeral Reduce as actividades prolongadas e activas no exterior, especialmente se experimentas tose, falta de aire ou irritación de gorxa


MOI MALA
Mensaxes Condicións de emerxencia para a saúde pública, a poboación enteira pode verse seriamente afectada
Grupos de risco Evita as actividades prolongadas e activas no exterior, considerar realizalas no interior ou pospoñelas para cando a calidade do aire sexa boa ou moderadamente boa. Segue o plan de tratamento meticulosamente
Poboación xeral Evita toda actividade física no exterior e considera realizalas no interior ou pospoñelas para cando a calidade do aire sexa boa ou moderadamente boa


PÉSIMA
Mensaxes Condicións de emerxencia para a saúde pública, a poboación enteira pode verse gravemente afectada. Poderanse tomar medidas excepcionais
Grupos de risco Evita a estancia prolongada no exterior. Segue o plan de tratamento meticulosamente, e acude a un servizo de urxencias se o teu estado de saúde empeora
Poboación xeral Evita toda actividade física no exterior e considera realizar as actividades no interior ou pospoñelas para cando a calidade do aire sexa boa ou moderadamente boa. Utiliza a protección axeitada para os traballos que deban ser realizados no exterior
​

Fonte: Orde TEC/351/2019, do 18 de marzo​

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde