A calidade do aire exterior

  • Imaxe contido

    Información xeral

    A contaminación do aire exterior defínese como unha mestura complexa que inclúe numerosos elementos, entre os que destacan catro contaminantes. Podendo ter unha orixe natural e/ou antropoxénica, sendo esta última a de maior causa de contaminación atmosférica.

    As novas Directrices mundiais da OMS sobre a calidade do aire aportan probas do dano que a contaminación do aire inflixe á saúde humana en concentracións aínda máis baixas do que se supoñía ata agora.​​​​​

  • Imaxe contido

    Fontes de contaminación e factores de risco

    A contaminación do aire é unha das maiores ameazas medioambientais para a saúde humana, xunto co cambio climático. A mellora da calidade do aire pode potenciar os esforzos de mitigación do cambio climático, mentres que a redución das emisións mellorará a súa vez a calidade do aire. O esforzarse por alcanzar estes niveis de referencia, os países estarán protexendo a saúde das persoas e mitigando o cambio climático mundial.
  • Imaxe contido

    Pole

    A incidencia do contido polínico da atmosfera sobre a saúde humana é un problema ben coñecido por persoas de todas as idades, que se ven afectadas de forma importante por diversos síntomas que no seu conxunto coñécense co nome de polinose.

    O número de persoas afectadas por enfermidades alérxicas causadas polo pole experimentou un notable incremento, estimándose actualmente que un 24% da poboación urbana (dos que máis do 40% son nenos/xoves) sofren reaccións positivas aos test de hipersensibilidade fronte a algún tipo polínico.​ 

  • Imaxe contido

    Índice Calidade do Aire

    0 Índice Nacional de Calidade do Aire permite comprobar, en tempo real e de forma sinxela, a calidade do aire que marcan as estacións de medición da rede nacional de vixilancia, incluíndo ademais recomendacións sanitarias para a poboación xeral e sensible.

    Móstrase a situación en materia de calidade do aire para: partículas en suspensión, ozono troposférico, dióxido de nitróxeno e dióxido de sofre. Establecendo cinco niveis de calidade do aire en función do resultado de dito índice: boa, razonablemente boa, regular, desfavorable, moi desfavorable e extremadamente desfavorable.​​​​​​​​​​

  • Imaxe contido

    Recomendacións sanitarias e efectos sobre a saúde

    A OMS recoñece a contaminación do aire como un factor de risco para a saúde humana e inda que existen limiares para elementos contaminantes presentes no aire exterior, non existe un límite a partir do cal os elementos contaminantes non son un risco para a saúde.

    Por elo, é necesario o establecemento de recomendación actualizadas para diminuír a exposición da poboación a dito risco. A inclusión das recomendacións para a saúde, demostraron a diminución dos problemas de saúde derivados da exposición aos contaminantes que se atopan no aire exterior.​​​​​​​​

1 de 1
Elementos por páxina
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde