Imaxe fondo cabeceira
Impacto das altas temperaturas sobre a saúde
A exposición a temperaturas excesivas pode alterar as nosas funcións vitais se o corpo non é capaz de compensar as súas variacións de temperatura. Esto pode provocar problemas de saúde tales como mareo, esgotamento, debilidade, fatiga e cambras musculares, síncope, deshidratación, insolación e golpe de calor.
  • Fontes de contaminación e factores de risco

    Fontes de contaminación e factores de risco

    A contaminación do aire é unha das maiores ameazas medioambientais para a saúde humana, xunto co cambio climático. A mellora da calidade do aire pode potenciar os esforzos de mitigación do cambio climático, mentres que a redución das emisións mellorará a súa vez a calidade do aire. O esforzarse por alcanzar estes niveis de referencia, os países estarán protexendo a saúde das persoas e mitigando o cambio climático mundial.
  • Pole

    Pole

    A incidencia do contido polínico da atmosfera sobre a saúde humana é un problema ben coñecido por persoas de todas as idades, que se ven afectadas de forma importante por diversos síntomas que no seu conxunto coñécense co nome de polinose.

    O número de persoas afectadas por enfermidades alérxicas causadas polo pole experimentou un notable incremento, estimándose actualmente que un 24% da poboación urbana (dos que máis do 40% son nenos/xoves) sofren reaccións positivas aos test de hipersensibilidade fronte a algún tipo polínico.​ 

  • Recomendacións ante incendios forestais

    Recomendacións ante incendios forestais

    Os incendios forestais, especialmente cando son descontrorlados, constitúen unha fonte importante de contaminación do aire en zonas urbanas e rurais. Inncrementan a deterioración ambiental, agravando a contaminación do aire, tanto externo como de interior.
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde