Os
metais pesados como o chumbo, níquel, cadmio e arsénico son
contaminantes comúns no aire e son emitido principalmente por
algunhas industriais y a combustión de carbón. Inda que os seus
niveis son baixos, a súa deposición e o consecuente aumento do seu
contido en chans, sedimentos e organismos pode afectar posteriormente
vía a inxesta de alimentos (cadea trófica).
O arsénico
é unha sustancia de aparencia metálica de cor gris aceiro que se
forma naturalmente.
As
fontes
antropoxénicas
son: actividades mineiras e de extracción, combustión de
determinados carbóns, incineración de residuos que conteñen
arsénico.
Os
efectos sobre a saúde son: irritante das vías respiratorias
e pode causar danos sanguíneos, cardíacos, hepáticos e renais,
ademais de alterar o sistema nervioso periférico. Tamén se
considera canceríxeno para o ser humano, aumentando o risco de
cancro de pulmón, pel, fígado ou vexiga.
O cadmio
é un
metal brando de cor prateado e
pouco abundante na codia terrestre. Preséntase asociado
principalmente
As fontes
emisoras antropoxénicas
son: extracción e refinación de metais non ferrosos, a manufactura
e aplicación de abonos de fosfato, a combustión de combustibles
fósiles e a disposición e incineración de lixo.
Os efectos
sobre a saúde
do cadmio afecta especialmente ao sistema respiratorio, renal e
reprodutivo, sendo tamén carcinoxénico. A niveis altos de cadmio na
atmosfera pode danar gravemente os pulmóns e causar a morte.
Respirar aire con niveis máis baixos de cadmio durante longo tempo
(durante anos) produce acumulación de cadmio nos riles; se se
alcanzan niveis suficientemente altos pode producir enfermidade
renal.
O
chumbo é un elemento de alta densidade, flexible e maleable.
Presenta un gran número de aplicacións industriais, tanto na súa
forma elemental como nos seus compostos e aleacións.
As
fontes emisoras antropoxénicas son: minería, queima de
madeira e combustibles fósiles e fundición, produción, uso,
reciclaxe e eliminación de produtos con chumbo.
No
fogar pode estar presente na pintura, cerámica, tubaxes, materiais
de fontanería, soldaduras, baterías e cosméticos.
Os efectos
sobre a saúde
do chumbo afectan potencialmente a tódolos órganos e sistemas do
corpo, e en especial ao sistema nervioso central e periférico, o
dixestivo, o inmunolóxico, os riles, o corazón e o aparato
reprodutor.
As
persoas especialmente en risco son:
- Nenos:
problemas de comportamento e aprendizaxe, coeficiente intelectual
máis baixo e hiperactividade, crecemento lento, problemas de
audición e anemia.
- Mulleres
preñadas: partos prematuros ou baixo peso ao nacer, danos a nivel
cerebral, renal e sistema nervioso do bebé, aumenta a probabilidade
de problemas de aprendizaxe ou comportamento e risco de aborto.
O níquel
é un metal
duro, branco-prateado,
que ten propiedades que o fan moi desexable para combinarse con
outros metais e formar aleaccións.
As fontes
emisoras antropoxéncias
son: plantas de enerxía e incineradoras de lixo, e nas zonas
costeiras as emisións procedentes dos motores dos buques.
Os efectos
sobre a saúde
son: Reaccións alérxicas cutáneas e afectar a defensa inmune e aos
sistemas respiratorio e renal, e tamén pode reducir a fertilidade.
Encontrase tamén considerado como carcinoxénico, podendo
desenvolver un cancro de pulmón, nariz, larinxe e próstata.
Referencia
lexislativa
Os
valores límite para
a protección da saúde recollido na Directivas 2008/50/CE e no Real
Decreto 34/2023, do 24 de xaneiro,
relativo
á mellora da calidade do aire, son
os seguintes:
|
Valor
obxectivo(1)
|
Arsénico
|
6
|
Chumbo
|
0,5
µg/m3 Valor límite(1)
|
Cadmio
|
5
|
Níquel
|
20
|
(1)
Niveis
no aire ambiente na fracción PM10 como medio durante un ano natural