Fontes de contaminación e factores de risco

Fontes de contaminación e factores de risco

O ambiente interior en calquera clase de edificio, incluídas vivendas, é un resultado da interacción entre o sistema do edificio (deseño orixinal e as subsecuentes modificacións da estrutura e os sistemas mecánicos), as técnicas de construción, as fontes de contaminación (materiais de construción e mobiliario, humidade, procesos e actividades dentro do edificio), os ocupantes do edificio e as fontes externas.​

Cada vez máis, a nosa forma de vida se desenvolve en espazos interiores, ben por motivos laboaris ben por hábitos sociais. Así, pasamos a maior parte do noso tempo no interior de edificios (centros comerciais, escolas, oficinas, casas privadas, etc.); e nese sentido, os contaminantes presentes nestes ambientes pechados xa sean físicos, químicos ou biolóxicos, varían en función das actividades que se desenvolven nestes espazos.

Os posibles contaminantes do aire interior son de orixe moi distinto. Así, as principais fontes serán segundo a súa orixe:

  • ​​Contaminantes procedentes do ambiente exterior.
  • Contaminantes do ambiente interior, que a súa vez se dividen en:
    • ​​Contaminantes xerados polos propios edificios.
    • ​Contaminantes xerados polos ocupantes e as actividades que realizan.
  • Factores relacionados coa falta de confort.

Fuentes interior ext.jpg

Fontes de contaminantes de interior e exterior. Fonte: Enciclopeida de saúde e seguridade no traballo


Segundo a súa composición podemos atopar a presencia de:

  • Axentes físicos. Condicións termohigrométricas, iluminación, ruído e vibracións.
  • Axentes químicos. Gases de combustión, compostos orgánicos volátiles (COV), partículas e fibras en suspensión, radon, ozono e biocidas.
  • Axentes biolóxicos. Bacterias, hongos, virus, polé, caspa e pelos de animais, insectos, ácaros e compostos orgánicos volátiles microbianos.

A calidade do aire interior depende en gran parte do correcto deseó, hixiene, mantemento e funcionamento dos sistemas de ventilación e climatización dos edificios. Polo que é importante ter en conta que a composición química do aire pode estar formada por unha multitude de sustancias en pequenas concentracións que, en ocasións, si se combinan con certas condicións de humedade e temperatura poden empeorar a percepción da súa calidade para as persoas que o respiran.

Tipo de contaminación

Características e elementos relacionados

Orixe contaminante

Contaminante

Contaminantes procedentes do ambiente exterior

Ubicación do edificio

  • Combustión (caldeiras, tráfico)

  • Actividade industrial próxima

  • Terreo

  • Vertedoiros, solares, escombros, concas fluviais, obras, etc.

  • CO, CO2, NOx, SOx, partículas, metais

  • NOx, SOx, COVs

  • Radón, po

  • Olores, po, insectos, roedores, bacterias

Contaminantes xerados no edificio

Uso e distribución do edificio:

  • Zonas reprografía

  • Restaurantes e cociñas

  • Zonas de aparcadoiro

  • Aseos e vestiarios

  • Materiais de construción e elementos decorativos

Instalacións do edificio:

  • Acondicionamento de aire

  • Auga

  • Xestión de residuos

  • Depósitos de combustibles

  • Almacéns, salas usos especiais

  • Sistema saneamento



  • Fotocopiadoras, impresoras láser

  • Combustión

  • Combustión

  • Humidades, desaugues

  • Illantes, conglomerados de madeira, moquetas, barnices, pinturas












  • Ozono


  • NOx, olores

  • CO, Partículas

  • Mohos, Olores

  • Amianto, radón, COVs, po, formaldehído, ácaros, creosota






  • Lexionela, olores, fibras, amianto, COVs, bacterias, fungos, artrópodos, roedores



Contaminantes xerados polos ocupantes e as súas actividades

  • Ocupantes

  • Mantemento do edificio

  • Remodelación do edificio



  • Sistema aire acondicionado, ventilación e calefacción

  • Equipos informáticos

  • Pantallas de visualización

    Cableado eléctrico

  • Humidade relativa

  • Temperatura

  • Ruído

  • Vibracións

  • Campos electromagnéticos

Contaminación en ambientes interiores. Fonte: Sección Avaliación do Impacto Ambiental en Saúde (EIAS)

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde