Os principais contaminantes biolóxicos

Os principais contaminantes biolóxicos

O conxunto de microorganismos presentes no aire interior comprende virus, bacterias, fungos, incluídos os fungos e levaduras, algas verdes e azuis e amebas de vida libre. Debe tamén terse en conta outros factores bióticos na pesquisa de causas para as enfermidades relacionadas cos edificios, como son as partículas biolóxicas de transmisión aérea como o pelo de certos animais, diferente material derivado de insectos e ácaros e os seus produtos de excreción, así como o polen, esporas fúnxicas, micotoxina e endotoxinas.

A contaminación biolóxica en ambientes interiores transmítese maioritariamente a través do aire, en forma de aerosois, definidos como bioaerosois que están constituídos por seres vivos, ou moléculas grandes que foron liberadas por un ser vivo. Formando parte dun bioaerosol pódense encontrar microorganismos tales como virus, bacterias, fungos e protozoos e tamén grans de pole, pelos e caspa, procedentes de animais de compañía, fragmentos de insectos e ácaros, así como os seus excrementos, micotoxinas e endotoxinas, e compostos orgánicos volátiles do metabolismo dos microorganismos (COVM).

Para que se produza un aerosol a partir dun organismo o das súas partes, requírese a existencia dun reservorio, un proceso de amplificación e multiplicación (cando se dan as condicións adecuadas de temperatura, humidade e pH) e a diseminación do aerosol.

A principal fonte de contaminación biolóxica no interior dos edificios é o aire exterior. As esporas e os fragmentos fúnxicos, así como a pole e as bacterias ambientais, poden introducirse nestes por diversas vías, como o sistema de ventilación, fiestras, fendas existentes nas paredes, sobre a superficie de materiais novos ou adheridos a roupa e o calzado das persoas. Os ocupantes do edificio tamén poden contribuír á contaminación biolóxica do aire interior, xa que son considerados a fonte máis importante de bacterias e virus, ademais de poder transportar outros contaminantes biolóxicos, como alérxenos de animais de compañía.

Os axentes biolóxicos máis característicos nun ambiente interior son os seguintes:

1. Bacterias

No aire interior, predominas as bacterias Gram positivo, procedentes das mucosas da boca, as vías respiratorias altas e a pel. Entre estas atópanse o Staphylococcus epidermidis, S. Aureus, Aerococcus spp., Micococcus spp. e Streptococcus spp. No referente ás bacterias Gram negativo, non solen ser abundantes nos ambientes interiores, inda que se poden atopar en especial Pseudomonas (que viven na auga ou no chan e crecen rapidamente) e a Legionella pneumophila (pode estar presente en sistemas de distribución de auga sanitaria, quente e fría, humidificadores, torres de refrixeración, equipos de terapia respiratoria, duchas, etc.).

Outras bacterias que poden estar presentes no aire interior e provocan enfermidades son as causantes de enfermidades alérxicas, como a neumonitis por hipersensibilidade; entre estas atópanse Bacillus subtilis, Pseudomonas aeruginosa (humidificadores) e as bacterias filamentosas (humidificadores e outros equipos do sistema de ventilación e climatización). Cabe destacar as endotoxinas que son altamente tóxicas e que se poden atopar tamén nos humidificadores.

Tamén pode atoparse o Mycobacterium tuberculosis, causante da tuberculose e que se transmite fundamentalmente de persoa a persoa, pudendo estar asociada a edificios con escasa renovación de aire.

Organismo

Gram

Forma

Enfermidade

Presenza no aire

Exterior

Interior

Legionella pneumophila

-

    Bacilo

    Lexionelosis

    Rara

    Rara

Pseudomonas

-

    Bacilo

    Neumonitis

    Ocasional

    Rara

Entéricos

-

    Bacilo

    Varias

    Rara

    Rara

Bacillus

+

    Bacilo

    Neumonía por hipersensibilidade

    Común

    Común

Microccus

+

    Coco

    Xeralmente ningunha

    Común

    Común

Mycobacterium

+

    Bacilo irregular

    Tuberculosis

    Común

    Común

Thermoactinomyces

+

    Filamentos

    Hipersensibilidade

    Rara

    Rara

Corynebacterium

+

    Bacilo

    Xeralmente ningunha

    Rara

    Ocasional

2. Virus

A vía principal de transmisión en espazos interiores é de persoa a persoa, debido á inhalación de aerosois xerados ao tusir ou espirrar, como é o caso da gripo ou do arrefriado común. Polo tanto, as taxas de infección poder ser maiores en situacións de aglomeración de persoas e en edificios con escasa renovación de aire.

3. Fungos

O crecemento dos fungos vese favorecido en ambientes húmidos e con nutrientes, os cales están presentes en materiais como a madeira, papel, alfombras, po, terra das macetas, etc., sendo a súa fonte habitual de contaminación o medio ambiente exterior, podendo introducirse no edificio mediante diferentes medios, como as persoas, po, superficies de materiais novos ou a través da ventilación. A súa proliferación débese principalmente ao exceso de humidade.

4. Protozoos

Os protozoos son organismos unicelulares, sendo algúns deles parasitos dos vertebrados. A transmisión de un hóspede a outro o realizan habitualmente insectos. Son exemplos de protozoos que poden estar presentes no aire interior as amebas Acanthamoeba e Naegleria, animais microscópicos unicelulares que se alimentan de bacterias e outras partículas orgánicas en humidificadores e augas estancadas de desaugadoiros así como nos sistemas de ventilación e climatización.

5. Pole

O pole orixinase principalmente nas plantas de exterior e a súa concentración no interior dos edificios é normalmente moito máis baixa que no exterior debido ao denominado efecto escudo. Polo tanto, os problemas respiratorios asociables á presenza de pole en interiores aparecerá en situacións de elevada concentración exterior. Para máis información sobre este contaminante biolóxico prema na ​seguinte ligazón.​

6. Caspa e pelos de animais

A presenza de caspa e de pelos de animais en ambientes interiores debese xeralmente a que as persoas teñen animais de compañía (cans e gatos) na súa casa, os cales transportan estes alérxenos nas súas roupas.

7. Insectos

Os insectos e as súas excretas poden causar alerxias respiratorias. 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde