As causas do cambio climático. Os gases do efecto invernadoiro

As causas do cambio climático. Os gases do efecto invernadoiro

Os gases da atmosfera actúan de forma parecida ao cristal dun invernadoiro: reteñen a calor do sol e impiden que escape ao espazo, provocando así o quecemento global.

Moitos gases de efecto invernadoiro prodúcense de forma natural na atmosfera. Con todo, a actividade humana contribúe á súa acumulación e aumenta o quecemento da Terra. Como consecuencia, os patróns de neve e precipitacións cambian, as temperaturas medias aumentan e fenómenos climáticos extremos, como ondas de calor e inundacións, danse con máis frecuencia.​​​​​

A orixe do cambio climático atopámola no efecto invernadoiro. Este fenómeno é producido polos chamados gases do efecto invernadoiro, as nubes e os aerosois presentes na atmosfera e consiste nunha diminución da enerxía emitida cara ao espazo dende a Terra, xa que unha parte da radiación infravermella queda retida no sistema superficie-troposfera e volta á superficie terrestre contribuíndo ao ascenso da temperatura.

Os principais gases do efecto invernadoiro son o dióxido de carbono (CO2), o metano (CH4), o óxido nitroso (N2O) e os gases fluorados, grupo no que se inclúen: os hidrofluorocarbonos (HFC), os perfluorocarbonos (PFC), os clorofluorocarbonos (CFC), os hidroclorofluorocarbonos (HCFC), o hexafluoruro de xofre (SF6) e o trifluoruro de nitróxeno (NF3).

As fontes de emisión dos ditos gases relaciónanse principalmente cos procesos de produción de enerxía, aínda que tamén cómpre ter conta os procesos industriais, a agricultura e a xestión de residuos. Deste xeito:

  • Os procesos de combustión de combustibles fósiles(carbón, petróleo, gas, madeira e residuos sólidos) producen dióxido de carbono (CO2) o cal pode permanecer na atmosfera durante miles de anos.
  • Nos vertedoiros, as industrias de gas natural e do petróleo, e a agricultura (sobre todo a partir dos sistemas dixestivos dos animais de pastoreo) prodúcese a liberación de metano (CH4). O metano permanece na atmosfera menos tempo que o dióxido de carbono (aproximadamente 12 anos), pero é menos potente o longo de dúas décadas.
  • A agricultura e a gandería, incluídos os fertilizantes, o esterco e a queima de residuos agrícolas, xunto coa queima de combustibles, son as maiores fontes de óxido nitroso (N2O). O oxido nitroso supón arredor do 6% dos gases de efecto invernadoiro mundial, pero é 264 veces máis potente que o dióxido de carbono ao longo de 20 ano e a súa vida útil na atmosfera supera o século.
  • Diversos procesos industriais son os responsables dos gases fluorados que teñen un potencial maior co dióxido de carbono e permanecen na atmosfera de centos a miles de anos.

De todos os gases do efecto invernadoiro, o máis abundante é o CO2, que representa aproximadamente as tres cuartas partes das emisións totais. Non obstante, cómpre salientar que os gases fluorados, tamén denominados gases de alto potencial de quentamento global, a pesar de atoparse na atmosfera nunha concentración menor (aproximadamente 2%), causan un quentamento moi superior ao producido polo CO2. Por outra banda, temos que ter en conta cos procesos de deforestación impiden a absorción do CO2 polas árbores contribuíndo á aceleración do cambio climático.

Os gases invernadoiro teñen efectos de gran alcance sobre o medio ambiente e a saúde. Provocan o cambio climático ao atrapar o calor e tamén contribúen ás enfermidades respiratorias causadas pola néboa fotoquímica (smog) e a contaminación atmosférica.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde