Información xeral

Información xeral

Os científicos dedicados ás cuestións climáticas demostraron que as persoas somos responsables do quecemento global dos últimos 200 anos. As actividades humanas, principalmente a queima de combustibles fósiles como o carbón, o petróleo e o gas, xeran gases de efecto invernadoiro que elevan a temperatura do planeta ao ritmo máis rápido dos 2000 anos pasados.

O aumento da temperatura só é o principio, a Terra é un sistema, no que todo está conectado, os cambio dunha zona poden influír nos cambios de todas as demais.​​​​​​​​​​​​​​​

O cambio climático refírese aos cambios a longo prazo das temperaturas e os patróns climáticos. Estes cambios poden ser naturais, por exemplo debido ás variacións da actividade solar ou erupciones volcánicas grandes. Pero nos últimos anos, como consecuencia da actividade humana, está a producirse cunha velocidade e intensidade sen precedentes na historia da humanidade, debido principalmente á queima de combustibles fósiles como o carbón, o petróleo e o gas, que xeran gases de efecto invernadoiro que actúan como unha manta que envolve á terra, atrapando a calor do sol e elevando as temperaturas.

As consecuencias do cambio climático non soamente supón o aumento da temperatura o que supón en quecemento global, senón que se inclúen outras consecuencias, entre outras, as intensas secas, escaseza de auga, incendios graves, aumento do nivel do mar, inundacións, desxeo dos polos, tormentas catastróficas e diminución da biodiversidade.

O cambio climático causado polo home xa está a afectar a moitos extremos meteorolóxicos e climáticos en todas as rexións do mundo. Isto levou a efectos adversos xeneralizados na seguridade alimentaria e da auga, a saúde humana e nas economías e a sociedade e as perdas relacionadas e danos á natureza e ás persoas. É importante sinalar que as comunidades vulnerables, os cales contribuíron historicamente menos ao cambio climático actual, ven afectados de maneira desproporcionada.

O cambio climático é unha ameaza moi grave, e as súas consecuencias afectan a moitos e moi diversos aspectos da nosa vida. Con respecto á natureza as consecuencia que ten o cambio climático:

    a. Altas temperaturas. A crise climática ha aumentado a temperatura media mundial e leva a que se rexistren máis a miúdo temperaturas extremas, como as que se alcanzan nas ondas de calor. Esta subida de calor pode aumentar a mortalidade, reducir a produtividade e ocasionar danos ás infraestruturas. As consecuencias máis graves recaen nas persoas máis vulnerables (bebés, nenos e anciáns).

    b. Secas e incendios forestais. As altas temperaturas aumentan a evaporación da auga, o que, unido á falta de precipitacións, aumenta o risco de secas graves. As secas teñen a miúdo efectos colaterais,por exemplo, nas infraestruturas de transporte, a agricultura, a silvicultura, a auga e a biodiversidade. As secas fan descender os niveis de auga en ríos e auga subterráneas, frean o crecemento de árbores e cultivos, fan aumentar as pragas e alimentan os incendios forestais.

    c. Dispoñibilidade de auga doce. A medida que o clima se quenta, cambian os patróns de precipitación, aumenta a evaporación, fúndense os glaciares e sobe o nivel do mar. Son todos factores que afectan á dispoñibilidade de auga doce. Haberá maior escaseza de auga, sobre todo no sur e sueste de Europa, mentres que en gran parte do continente haberá maior risco de inundacións. Os cambios resultantes afectarán a gran número de rexións terrestres e marítimas, e a toda clase de especies e contornas naturais.

    d. Inundacións. En moitas zonas prevese que o cambio climático dea lugar a un aumento das precipitacións intensas. Se se prolongan, haberá sobre todo inundacións fluviais (desbordamento de ríos), e os breves e intensos chuvascos darán lugar a inundacións pluviais, tipo de inundación que se produce sen que se desborde ningunha masa de auga. As inundacións fluviais son unha catástrofe natural frecuente en Europa e que, xunto coas tormentas, provocou mortes, desprazado a millóns de persoas e ocasionado enormes perdas económicas nas tres últimas décadas. Nos próximos anos, é probable que o cambio climático aumente a frecuencia das inundacións en toda Europa.

    e. Subida do nivel do mar en zonas costeiras. Xunto cos demais efectos do cambio climático, a subida do nivel do mar aumentará o risco de inundacións e erosión ao redor das costas, o que terá importantes consecuencias para os habitantes, as infraestruturas, as empresas e a natureza destas zonas.

Ademais, espérase que a subida do nivel reduza a cantidade de auga doce dispoñible a medida que nas capas freáticas vaia entrando máis auga de mar. É probable que tamén leve a unha maior salinización das masas de auga doce, o que afectará á agricultura e á subministración de auga potable.

    f. Biodiversidade. O cambio climático avanza a tal velocidade que moitas especies de plantas e animais teñen problemas para adaptarse. Entre os efectos directos figuran cambios na fenología, a abundancia e distribución das especies, a composición das comunidades, a estrutura dos hábitats e os procesos ecosistémicos.

    g. Medio ambiente mariño. Os efectos do cambio climático, aumento das temperaturas da superficie da auga, acidificación dos océanos, cambios nas correntes e patróns eólicos, alterarán significativamente a composición física e biolóxica dos océanos. Os cambios das temperaturas e da circulación oceánica poderían afectar á distribución xeográfica do peixe.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde