Impacto das altas temperaturas sobre á saúde

Impacto das altas temperaturas sobre á saúde

A exposición a temperaturas excesivas pode alterar as nosas funcións vitais se o corpo non é capaz de compensar as súas variacións de temperatura. Esto pode provocar problemas de saúde tales como mareo, esgotamento, debilidade, fatiga e cambras musculares, síncope, deshidratación, insolación e golpe de calor. A única rúbrica identificada como causa de mortalidade directa por exceso de temperatura ambiental é a debida á calor excesiva derivada de condicións meteorolóxicas, é dicir, o golpe de calor. O golpe de calor asóciase con problemas multiorgánicos que poden incluír síntomas tales como inestabilidade na marcha, convulsións e mesmo coma.

As vagas de calor non afectan a poboación do mesmo xeito, polo que é importante identificar os grupos de risco e ter en conta os efectos que poden influír, como son as condicións de vida, as da vivenda ou os niveis de contaminación ambiental. Os principais grupos de risco son as:

  • Persoas maiores de 65 anos e nenos menores de 4 anos, sobre todo os menores dun ano.

  • Persoas que padecen patoloxías: enfermidades cardiovasculares (enfermidade cerebrovascular, insuficiencia cardíaca, arteriopatía periférica), diabetes mellitus, enfermidade pulmonar obstrutiva crónica, insuficiencia renal, enfermidade de Parkinson, enfermidade de Alzheimer ou patoloxías similares, enfermidade psiquiátrica.

  • Persoas que tomen determinados fármacos ou tóxicos: fármacos con efecto anticolinérxico, diuréticos, consumo importante de alcol, etc.

  • Persoas en determinadas situacións: persoas maiores que viven soas, persoas de risco que viven en vivendas mal acondicionadas, persoas con exceso de peso ou peso excesivamente baixo, traballadores, deportistas ou persoas que pasan varias horas en exteriores, etc.

​As principais recomendacións sanitarias para previr os golpes de calor son:
  • Beba máis líquidos sen esperar a ter sede, sobre todo auga e zumes de froita lixeiramente fríos.

  • Evite bebidas quentes, alcohólicas, café, té ou cola e as moi azucradas.

  • Aumente o consumo de ensaladas, verduras e froitas.

  • Evite comidas copiosas; coma menos cantidade e máis veces ao día.

  • Manteña os alimentos no frigorífico e vixíe sempre as medidas hixiénicas.

  • Use roupa de tecidos naturais, lixeira e folgada, de cores claras, sombreiro, lentes de sol e cremas protectoras solares, así como calzado fresco, cómodo e que transpire.

  • Permaneza en espazos ventilados ou acondicionados e estea á sombra.

  • Utilice as habitacións máis frescas da vivenda.

  • Durante o día baixe as persianas e abra as xanelas, ábraas pola noite para ventilar.

  • Evite as actividades ao aire libre nas horas máis calorosas e reduza a actividade física.

  • Cando estacione o coche, non deixe no interior nenos, nin anciáns coas xanelas pechadas.

  • No caso de que teña que asistir a alguén que padeza esgotamento ou un golpe de calor, o primeiro é solicitar axuda médica urxente chamando ao 061. Mentres chega a asistencia, pode tentar baixar a temperatura do afectado trasladándoo á sombra ou a un lugar fresco e tranquilo, arrefriarlle o corpo, mollar con auga fresca e abanar e hidratar sempre que estea consciente, dándolle pequenos grolos de auga fresca ou bebidas minerais. Se está inconsciente, cómpre deixalo de lado coas pernas flexionadas e non ofrecerlle líquidos.

A nosa comunidade autónoma conta cun Plan de actuación sobre os efectos das altas temperaturas na saúde que se basea no establecemento dos niveis de alerta por episodio de calor en función da intensidade e a duración dos episodios de calor, desagregados por zonas de aviso. Este proceso execútase para o día actual e tres días máis, tomando como datos de entrada as temperaturas do modelo meteorolóxico empregado en MeteoGalicia.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde