O impacto do cambio climático na saúde

O impacto do cambio climático na saúde

A Organización Mundial da Saúde (OMS) advertiu que a saúde de millóns de persoal podría verse amenazada polo aumento de enfermedades relacionadas co cambio climático. O cambio climático afecta negativamente aos determinantes sociais e medioambientais da saúde, empeora as desigualdades sociais, económica e demográficas con consecuencias que se sinten en tódalas poblacións ainda que éstas son máis acusada nos grupos poblacionais que son máis vulnerables tanto en términos sociais como económicos.​

Segundo os diferentes estudos desenvolvidos, o cambio climático afecta de moi diversas maneiras á saúde humana. Por unha banda, provoca cambios de morbilidade en función da temperatura e por outra, unha serie de efectos directos derivados dos eventos meteorolóxicos extremos (precipitacións extremas e inundacións), da contaminación atmosférica e da transmisión de enfermidades por alimentos ou por vectores infecciosos. Compre ter en conta que o grao de repercusión final deses impactos dependerá da capacidade adaptativa da poboación, da sociedade e dos sistemas de saúde.

grafica impacto salud.jpg

Fonte: Impactos del cambio climático en la salud. Ministerio de Sanidad

A evidencia científica sobre os efectos na saúde mostra que o cambio climático:

  • Modificou a distribución dalgúns vectores de enfermidades infecciosas.
  • Modificou a estacionalidade dalgúns pólenes alerxénicos.
  • Incrementou o número de mortes relacionado coas olas de calor.

Por outro lado, outros efectos estimados que provocará a exposición o cambio climático son:

  • ​Aumento da malnutrición e os seus efectos asociados como transtornos do crecemento e desenvolvemento infantil.
  • Aumento das vítimas de olas de calor, inundacións, incendios e sequías.​
  • Maior alteración da distribución e alcance dalgúns vectores de enfermedades infecciosas.
  • Cambios na estacionalidade e a distribución da malaria aumentando nalgunhas rexións e disminuindo noutras.
  • Incremento das enfermedades diarreicas.
  • Aumento da morbimortalidade cardiorrespiratoria asociada ao ozono troposférico.
  • Incremento do número de persoas expostas ao dengue.
  • ​Tamén provocará a disminución de mortes por frío pero esta disminución estará ampliamente sobrepasada polo efecto negativo do aumento das temperaturas.

A continuación se resumen os principais impactos do cambio climático na saúde:

1. Efectos na saúde debidos os cambios de temperatura.

1.1. Efectos das vagas de calor. O aumento das emisións de gases de efecto invernadoiro teñen provocado o quentamento global medio o que supón un aumento de eventos extremos entre os que se inclúen as vagas de calor, concretamente, en Europa, e frecuencia de secas.

As vagas de calor poden producir dente trastornos leves, como as cambras ou o esgotamento, ata a forma máis grave, que é o golpe de calor.

1.2. Efectos das vagas de frío. O vórtice polar ártico é un cinturón de fortes ventos que rodea aire moi frío no alto da estratosfera sobre o Polo Norte. Polo xeral éste é estable e mantén retido o aire frío. O aumento da temperatura global provoca que este vórtice se volva inestable e se expanda, empuxando o aire frío hacía o sur, provocando que cheguen vagas de frío hacía os trópicos en inverno, pero tamén vagas de calor máis longas e severas en verán.

efecto frio globos.png 
​Fonte: NOAA (National Oceanic and Atmospheric Adminstration)

O efecto do frío na saúde é menos intenso e máis a longo plazo que o efecto das altas temperatura polo que resulta máis complicado establecer a relación causa-efecto. O exceso de mortalidade por frío debese principalmente a enfermedades respiratorias ademáis das circulatorias.

2. Efectos na saúde por eventos meteorolócicos extremos

Non se pode establecer unha asociación directa entre un fenómeno meteorolócico extremo concreto e o quecemento do sistema climático global, é un feito que nos útlimos 60 anos, a frecuencia dos desastres naturais a nivel mundial se teñen triplicado e as proxecións indican que seguirán en aumento. Os fenómenos meteorolóxicos extremos máis frecuentes a escala global son as inundacións, as cales porde ter un grande impacto nas infraestruturas, na resilencia humana e na organización social. Os efectos sobre a saúde poden ir desde mortes, lesións, enfermidades infecciosas ou contaminación por tóxicos, ata, problemas de saúde mental.

3. Efectos na saúde relacionados coa calidade do aire

3.1. Contaminantes atmosféricos. As concentracións de contaminantes do aire en xeral e partículas finas (PM) en particular, cambian en resposta ao cambio climático porque a súa formación depende, en parte, da temperatura e a humidade. As evidencias de impactos para a saúde das PM son máis fortes que as atopara para o ozono pois afectan á morbilidade e á mortalidade, polo que o incremento da súa concentración derivaría en importantes impactos negativos para a saúde.

3.2. Incendios forestais. Os cambios nas temperaturas e nas precipitacións incrementarán a frecuencia e severidade dos incendios forestaias. Os lumes causan queimaduras, danos por inhalación e outras lesións. Os gases tóxicos e partículas contaminantes que son liberados nos incendios poden contribuír de maneira importante a agudizar as enfermidades crónicas do sistema respiratorio, especialmente en nenos, incluíndo pneumonía, enfermidades das vías respiratorias superiore, asma e enfermidades pulmonares obstrutivas.

3.3. Aeoralerxenos. O cambio climático ven provocando o adianto da tempada de pole primaveral no hemisferio norte, así como unha maior duración da tempada para certas especies. De feito, as enfermidades alérxicas, como o asma, a rinitis, as conxuntivites alérxicas ou algunha dermatitis, presentan un incremento na estacionalidade e na gravedade.

4. Efectos na saúde de transmisión hídrica e alimentaria

4.1. Transmisión hídrica. É probable que o cambio climático afecte a cantidade de auga e por conseguinte a súa calidade, aumentando o risco de contaminación. Os extremos na precipitacións por defecto e por exceso podrían intensificar a carga microbiolóxica e contaminación química da auga, supoñendo unha maior carga de enfermedades de transmisión hídrica (enfermedades transmitidas pola auga e as causadas por patóxenos, como bacterias, virus e protozoos.

4.2. Transmisión alimentaria. As enfermedades alimentarias abarcan un amplio espectro de dolencias e constituen un problema de saúde pública crecente en todo o mundo. Coñecese que os patróns de transmisión vehiculizados por alimentos están influenciados por varios factores, incluindo os elementos climáticos e ecolóxicos. Os cambios nas temperaturas e na calidade da auga poden afectar a calidade da producción agrícola e por tanto no abastecemento de alimentos das poboacións (sequías, salinización do chan, destruccción dos cultivos por fenómenos climáticos extremos, alteración da loxística de abastecemento, incremento de pragas, etc. e aumentar o risco de enfermidades de transmisión alimentaria producida por virus, bacterias, hongos ou tóxicos químicos.

5. Efectos na saúde relacionadas coa transmisión por vectores

As enfermedades de transmisión vectorial son enfermedades transmitida por artrópodos que actúan como vectores de diferentes patóxenos: parásitos, bacterias e virus. Os cambios no clima (cambios de temperatura, precipitacións ou humedade) poden modificar o cilco dos vectores de diversas enfermedades infecciosas transmistidas por eles, asó como dos patóxenos e os seus hospedadores ou reservorios, y así como dos patóxenos e os seus hospedadores ou reservorios, e así cambiar os patróns das enfermedades que transmiten: frecuencia, distribución, dinámica estacional e interanual.

Impactos enfermedades.jpg
​Fonte: Centers for Disease Control and Prevention

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde