Os compostos orgánicos volátiles (COV)

Os compostos orgánicos volátiles (COV)

Os compostos orgánicos volátiles son unha ampla variedade de compostos pertencentes a diferentes familias químicas (alcois, aldehidos, cetonas, éteres de glicol, terpenos, etc.), que teñen en común a súa base química de carbono e que teñen a capacidade de presentarse en estado gaseoso á temperatura ambiente normal ou que son moi volátiles a dita temperatura. Pódese considerar como COV aqueles compostos orgánicos que a 20ºC teñan unha presión de vapor de 0,01 kPa ou máis, ou unha volatilidade equivalente nas condicións particulares de uso.

Familias

Compostos

Orixe contaminante

Acetato Aldehidos

Formaldehido

    Madeira prensada (taboleiros aglomerado e contrachapado, etc.), panelados de madeira ou plástico/melanina, libros e revistas novas, pinturas e tratamentos catalizados por ácidos, fume tabaco, fotocopiadoras, tapicerías e cortinaxes

Acetaldehido

    Fume tabaco, fotocopiadoras, taboleiros aglomerado e contrachapado

Hexaldehido

    Panelados de madeira, libros e revistas novas, pinturas e tratamentos, catalizados por ácidos

Acroleína

    Fume tabaco, algicida, combustión automóbiles

Hidrocarburos Aromáticos

Benceno

Combustión, fume tabaco, pinturas (látex e base acuosa), adhesivos a base auga, plásticos, fotocopiadoras

Etil benceno

Carburantes, vernices

1,2,4-trimetilbenceno

Carburantes, materiais plásticos, materiais de illamento impermeabilizantes, fume tabaco

Estireno

Materiais plásticos, materiais de illamento, carburantes, fume tabaco

Tolueno

Pinturas de látex, vernices, adhesivos base de auga, tintas, moquetas

m/p/o Xileno

Pinturas, vernices, adhesivos, insecticidas

Hidrocarburos Alifáticos

    N-Decano

    n-Undecanp

    Tinguiduras para madeira, colas para o chan, ceras, vernices, produtos de limpeza para chans, moquetas e tapicerías, placas de xeso

Éteres e Ésteres de Glicol

    2-Etoxietanol

    1-metoxi-2-propanol

    2-butoxietanol

    2 metoxietilacetato

    Acetato de butilo

    2-etoxietilacetato

    Panelado de cloruro de vinilo, panelado plástico/melanina, lacas, pinturas (látex), vernices, xabóns, cosméticos, fungicidas, herbicidas, produtos para o tratamento da madeira

Hidrocarburos clorados

    Tricloroetileno

    Pinturas, vernices, adhesivos, limpadores de metais

    Tetracloroetileno

    Limpeza en seco, tapices, alfombras

    1,4 diclorobenceno

    Anti-ácaros, desodorizante

    1,1,1 tricloroetano

    Panelado de madeira

Terpenos

    Alfa Pineno

    D-Limoneno

    Naftaleno

    Ambientadores, desodorizantes, limpeza de chans, ceras para móbeis

Alcoholes

    2-etil-1-hexanol

    Fabricación de plásticos (policloruro de vinilo), materiais de revestimento, adhesivos, tinguiduras de imprenta e axentes de impregnación, aromatizante bebidas e alimentos

Orixe dos principais COVs en interiores​

Fontes principais

As principais fontes de emisión no exterior son as debidas a procesos de combustión en vehículos, caldeiras, fornos e incendios, e á emisión de certas industrias. Cando estes compostos se mesturan con outros contaminantes atmosféricos, como os óxidos de nitróxeno (NOx), e reaccionan coa luz solar, xerase ozono troposférico (prexudicial para a saúde) ou o chamado smog fotoquímico (néboa de cor marrón-avermellado).

Referencia lexislativa e acordos internacionais

Na actualidade existen dous reais decretos que controlan as emisións de COV. Por un lado,o Real Decreto 117/2003 do 31 de xaneiro, sobre limitación de emisións de compostos orgánicos volátiles debidas ao uso de disolventes en determinadas actividades e, por outra parte, o Real Decreto 227/2006 do 24 de febreiro, polo que se complementa o réxime xurídico sobre a limitación das emisións de compostos orgánicos volátiles en determinadas pinturas e vernices e en produtos de renovación do acabado de vehículos.

Calidade do aire interior

Os COV, no ambiente interior, teñen numerosas fontes emisoras que son das máis comúns as máis variadas, podendo destacar as emisións destes compostos a partir de materiais de construción e decoración, produtos de limpeza, fume do tabaco e actividades internas e externas.

As fontes de COV máis frecuentes no aire interior dos edificios son as que se recollen na seguinte táboa:

Aire exterior

Materiais de construción

Produtos de consumo

Actividades

Industrias

Tráfico

Garaxes adxacentes

Plantas de produción

de Enerxía

Refinerías

Incineradoras

Plantas de tratamento de residuos




Madeiras

Espumas

Recubrimentos de paredes

Recubrimentos de teitos

Recubrimentos de chans

Produtos de selado

Papeis de parede e colas de empapelado

Masillas




Pinturas, vernices e ceras

Plásticos

Disolventes

Alfombras e moquetas

Fibras téxtiles

Pesticidas

Repelentes de insectos

Produtos de limpeza

Cosméticos

Ambientadores

Antipolillas

Móbeis

Fume de tabaco

Climatización

Cociñar

Limpar

Manualidades

Actividades profesionais







​Normalmente as concentracións serán máis elevadas en edificios recen construídos ou remodelados e irán diminuíndo co paso do tempo.

Na emisión dos COV inflúe o tipo de materiais empregados e factores ambientais como a temperatura, humidade, cambios na ventilación do edificio).

As actividades profesionais desenvolvidas nos edificios, como por exemplo en oficinas, tamén son unha carga importante de COV no ambiente interior debido aos ordenadores, impresoras e fotocopiadoras.

Efectos na saúde

Os efectos na saúde van a variar en función do tipo de composto e do grado e duración da exposición. Os estudos realizados ata o de agora demostran que gran parte dos COV presentes habitualmente no aire interior poden causar irritación das membranas mucosas, ollos e pel, náuseas e trastornos da memoria. A exposición a longo prazo pode causar lesións no fígado, o riles e os sistema nervioso central, e parte deles son sospeitosos o comprobados CMR (canceríxenos, mutaxénicos e/ou tóxicos da reprodución) como por exemplo o benceno.

​​​

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde