Dióxido de nitróxeno (NO2)

Dióxido de nitróxeno (NO2)

É un gas pardo-vermello e de olor acre, moi asfixiante, máis denso có aire e pouco soluble na auga.

Fontes principais

O dióxido de nitróxeno é un gas reactivo que está asociado a emisións de fontes móbiles (vehículos e camións tanto con motores de gasolina como diésel), de unidades de produción de enerxía eléctrica, procesos industriais e procesos naturais (lóstregos).

Referencia lexislativa e acordos internacionais

Os valores límite do NO2 para a protección da saúde recollido na Directiva 2008/50/CE eReal Decreto 37/2003 do 24 de xaneiro, son os seguintes:​


Período de medio

Valor límite µg/m3 NO2

Valor límite horario

1 hora

200 non poderán superarse en máis de 18 ocasións por ano civil

Valor límite anual

1 ano civil

40

Nivel crítico(1)

1 ano civil

30

(1) Para a aplicación deste nivel solo se tomarán en consideración os datos obtidos nas estacións de medición definidas no apartado Iib. do anexo III.​

Os limiares de activación, información e de alerta recollidos no RD son:


Parámetro

Limiar µg/m3 NO2

Limiar de activación

Medio horario (1)

180

Limiar de información

Medio horario (2)

200

Limiar de alerta

Medio horario

400, considerarase superado cando durante 3 horas consecutivas se exceda dito valor cada hora en lugares representativos da calidade do aire nunha área de, como mínimo, 100 km2 ou nunha zona ou aglomeración enteira, tomando a superficie que sexa menor

(1) Haberá de medirse ou determinarse preditivamente para a activación do plan, durante un número determinado de horas a definir xustificadamente pola administración competente, garantindo a protección da saúde da poboación e que os medios necesarios estarán dispoñibles para a adopción de medidas en caso de superación dos limiares de información ou alerta.(2) Durante un número determinado de horas para o medio móbil 24 h ou días para o medio diario a definir pola administración competente sempre e cando permita garantir a protección da saúde da poboación.​

Calidade do aire interior

O NO2 está presente en ambientes interiores debido principalmente o fume do tabaco e os procesos de combustión do gas, da leña, do gasóleo, do queroseno, etc., especialmente naqueles sistemas sometidos a un mantemento precario.

A través da ventilación tamén contribúe o aire ambiente. No aire ambiente os automóbiles xunto cos outros procesos combustión a altas temperaturas (carbón, petróleo, gas natural e incineradoras) son as principais emisións de óxidos de nitróxeno que se oxidan rapidamente para formar o dióxido de nitróxeno.

Habitualmente os niveis son máis altos no inverno que no verán debido ao uso dos sistemas de calefacción, a unha menor ventilación e á existencia de maiores concentracións deste contaminante no aire exterior.

Efectos na saúde

O NO2 é un irritante do tracto respiratorio superior e dos ollos. Segundo os niveis de exposición pode causar distintos efectos na saúde:

  • Exposicións a 2-10 ppm poden causar dor de cabeza, náuseas, vómitos e tos.
  • Exposicións a elevadas concentracións, 200 ppm, asócianse a edema pulmonar agudo e morte. Niveis inferiores provocan en asmáticos unha diminución da función pulmonar e poden alterar as defensas, os parámetros bioquímicos e a función e estrutura do pulmón.
  • Exposicións crónicas poden afectar de forma significativa, podendo contribuír o desenvolvemento de bronquites aguda ou crónica.

Sospeitase que pode ter efectos sinérxicos con outros contaminantes presentes en interiores.

​​​​

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde