Monóxido de carbono (CO)

Monóxido de carbono (CO)

É o gas incoloro e inodoro e isto fai que sexa extremadamente perigosos xa que as persoas expostas o inhalan sen percibilo producíndolles a morte. En ambientes interiores soe estar acompañado doutros produtos de combustión con olores característicos.

Fontes principais

monóxido de carbono prodúcese cando os combustibles que conteñen carbono (gas butano, propano, gasolina, madeira, etc.) se queiman en condicións onde o osíxeno é limitado, e dicir, prodúcese unha combustión incompleta. As principais fontes de emisión de CO son os procesos de combustión en sectores non industriais, seguido polas actividades do sector agropecuario e polos procesos industriais sen combustión.

Referencia lexislativa e acordos internacionais

O valor límite do CO para a protección da saúde recollido na Directiva 2008/50/CE e no Real Decreto 34/2023, do 24 de xaneiro, relativa á mellora da calidade do aire é 10 mg/m3.

Calidade do aire interior

O CO está presente no aire interior por emisións dunha serie de fontes de combustión e a infiltración de aire do exterior. As fontes principais no interior son o uso de fontes de combustión mal ou parcialmente ventiladas, como poden ser cociñas e fornos de gas, electrodomésticos de gas, calefactores de gas ou queroseno, estufas de carbón ou madeira e combustión de tabaco así como a infiltración de aire procedente do exterior (os fumes de vehículos, camións ou autobuses de garaxes anexos, estradas próximas ou áreas de aparcamento poden ser unha fonte importante.

A exposición en interiores mal ventilados pode exceder os 110 mg/m3 (110 ppm), conducindo así a niveis de carboxihemoglobina do 10% ou mais con exposición continua. Os valores normais nunha persoa no fumadora está entre 0,3% e 0,7% e nun fumador a media é de 4%.

Efectos na saúde

O CO é un asfixiante químico que se une á hemoglobina da sangue e polo cal presenta unha afinidade case 250 veces superior co osíxeno, formando carboxihemoglobina (COHb), e diminuíndo a capacidade de aporte de osíxeno aos tecidos. O principal efecto do CO é un resultado do deterioro que se produce na capacidade da hemoglobina de unirse ao osíxeno, o que pode causar dores de cabeza, náuseas, mareos, cianoses, efectos cardiovasculares, incapacidade para respirar, fatiga e a altas concentracións, pode chegar a causar danos no sistema nervioso central e a morte.

A severidade do envelenamento por CO depende da súa concentración, duración da exposición e o estado xeral de saúde subxacente do individuo exposto. Dado cas concentracións de carboxihemoglobina en sangue son acumulativas co tempo, as exposicións prolongadas a baixas concentracións, poden provocar efectos sobre a saúde: redución da tolerancia ao exercicio e o incremento dos síntomas de enfermidade isquémica, dos danos cardíacos e da morbilidade cardiovascular.

​​​

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde