Metais

Metais

Os metais pesados como o chumbo, níquel, cadmio e arsénico son contaminantes comúns no aire e son emitido principalmente por algunhas industriais y a combustión de carbón. Inda que os seus niveis son baixos, a súa deposición e o consecuente aumento do seu contido en chans, sedimentos e organismos pode afectar posteriormente vía a inxesta de alimentos (cadea trófica).​ 

O arsénico é unha sustancia de aparencia metálica de cor gris aceiro que se forma naturalmente.

As fontes antropoxénicas son: actividades mineiras e de extracción, combustión de determinados carbóns, incineración de residuos que conteñen arsénico.

Os efectos sobre a saúde son: irritante das vías respiratorias e pode causar danos sanguíneos, cardíacos, hepáticos e renais, ademais de alterar o sistema nervioso periférico. Tamén se considera canceríxeno para o ser humano, aumentando o risco de cancro de pulmón, pel, fígado ou vexiga.

O cadmio é un metal brando de cor prateado e pouco abundante na codia terrestre. Preséntase asociado principalmente

As fontes emisoras antropoxénicas son: extracción e refinación de metais non ferrosos, a manufactura e aplicación de abonos de fosfato, a combustión de combustibles fósiles e a disposición e incineración de lixo.

Os efectos sobre a saúde do cadmio afecta especialmente ao sistema respiratorio, renal e reprodutivo, sendo tamén carcinoxénico. A niveis altos de cadmio na atmosfera pode danar gravemente os pulmóns e causar a morte. Respirar aire con niveis máis baixos de cadmio durante longo tempo (durante anos) produce acumulación de cadmio nos riles; se se alcanzan niveis suficientemente altos pode producir enfermidade renal.

O chumbo é un elemento de alta densidade, flexible e maleable. Presenta un gran número de aplicacións industriais, tanto na súa forma elemental como nos seus compostos e aleacións.

As fontes emisoras antropoxénicas son: minería, queima de madeira e combustibles fósiles e fundición, produción, uso, reciclaxe e eliminación de produtos con chumbo.

No fogar pode estar presente na pintura, cerámica, tubaxes, materiais de fontanería, soldaduras, baterías e cosméticos.

Os efectos sobre a saúde do chumbo afectan potencialmente a tódolos órganos e sistemas do corpo, e en especial ao sistema nervioso central e periférico, o dixestivo, o inmunolóxico, os riles, o corazón e o aparato reprodutor.

As persoas especialmente en risco son:

  • Nenos: problemas de comportamento e aprendizaxe, coeficiente intelectual máis baixo e hiperactividade, crecemento lento, problemas de audición e anemia.
  • Mulleres preñadas: partos prematuros ou baixo peso ao nacer, danos a nivel cerebral, renal e sistema nervioso do bebé, aumenta a probabilidade de problemas de aprendizaxe ou comportamento e risco de aborto.

O níquel é un metal duro, branco-prateado, que ten propiedades que o fan moi desexable para combinarse con outros metais e formar aleaccións.

As fontes emisoras antropoxéncias son: plantas de enerxía e incineradoras de lixo, e nas zonas costeiras as emisións procedentes dos motores dos buques.

Os efectos sobre a saúde son: Reaccións alérxicas cutáneas e afectar a defensa inmune e aos sistemas respiratorio e renal, e tamén pode reducir a fertilidade. Encontrase tamén considerado como carcinoxénico, podendo desenvolver un cancro de pulmón, nariz, larinxe e próstata.

Referencia lexislativa

Os valores límite para a protección da saúde recollido na Directivas 2008/50/CE e no Real Decreto 34/2023, do 24 de xaneiro, relativo á mellora da calidade do aire, son os seguintes:


Valor obxectivo(1)

Arsénico

6

Chumbo

0,5 µg/m3 Valor límite(1)

Cadmio

5

Níquel

20

(1) Niveis no aire ambiente na fracción PM10 como medio durante un ano natural

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde