Os
compostos orgánicos volátiles son
unha ampla variedade de compostos pertencentes a diferentes familias
químicas (alcois, aldehidos, cetonas, éteres de glicol, terpenos,
etc.), que teñen en común a súa base química de carbono e que
teñen a capacidade de presentarse en estado gaseoso á temperatura
ambiente normal ou que son moi volátiles a dita temperatura. Pódese
considerar como COV aqueles compostos orgánicos que a 20ºC teñan
unha presión de vapor de 0,01 kPa ou máis, ou unha volatilidade
equivalente nas condicións particulares de uso.
Familias
|
Compostos
|
Orixe
contaminante
|
Acetato
Aldehidos
|
Formaldehido
|
Madeira
prensada (taboleiros aglomerado e contrachapado, etc.),
panelados de madeira ou plástico/melanina, libros e revistas
novas, pinturas e tratamentos catalizados por ácidos, fume
tabaco, fotocopiadoras, tapicerías e cortinaxes
|
Acetaldehido
|
Fume
tabaco, fotocopiadoras, taboleiros aglomerado e contrachapado
|
Hexaldehido
|
Panelados
de madeira, libros e revistas novas, pinturas e tratamentos,
catalizados por ácidos
|
Acroleína
|
Fume
tabaco, algicida, combustión automóbiles
|
Hidrocarburos
Aromáticos
|
Benceno
|
Combustión,
fume tabaco, pinturas (látex e base acuosa), adhesivos a base
auga, plásticos, fotocopiadoras
|
Etil
benceno
|
Carburantes,
vernices
|
1,2,4-trimetilbenceno
|
Carburantes,
materiais plásticos, materiais de illamento impermeabilizantes,
fume tabaco
|
Estireno
|
Materiais
plásticos, materiais de illamento, carburantes, fume tabaco
|
Tolueno
|
Pinturas
de látex, vernices, adhesivos base de auga, tintas, moquetas
|
m/p/o
Xileno
|
Pinturas,
vernices, adhesivos, insecticidas
|
Hidrocarburos
Alifáticos
|
|
Tinguiduras
para madeira, colas para o chan, ceras, vernices, produtos de
limpeza para chans, moquetas e tapicerías, placas de xeso
|
Éteres
e Ésteres de Glicol
|
2-Etoxietanol
1-metoxi-2-propanol
2-butoxietanol
2
metoxietilacetato
Acetato
de butilo
2-etoxietilacetato
|
Panelado
de cloruro de vinilo, panelado plástico/melanina, lacas,
pinturas (látex), vernices, xabóns, cosméticos, fungicidas,
herbicidas, produtos para o tratamento da madeira
|
Hidrocarburos
clorados
|
|
Pinturas,
vernices, adhesivos, limpadores de metais
|
|
|
Limpeza
en seco, tapices, alfombras
|
|
|
Anti-ácaros,
desodorizante
|
|
|
|
Terpenos
|
Alfa
Pineno
D-Limoneno
Naftaleno
|
Ambientadores,
desodorizantes, limpeza de chans, ceras para móbeis
|
Alcoholes
|
|
Fabricación
de plásticos (policloruro de vinilo), materiais de
revestimento, adhesivos, tinguiduras de imprenta e axentes de
impregnación, aromatizante bebidas e alimentos
|
Orixe
dos principais COVs en interiores
Fontes
principais
As
principais fontes de emisión no exterior son as debidas a procesos
de combustión en vehículos, caldeiras, fornos e incendios, e á
emisión de certas industrias. Cando estes compostos se mesturan con
outros contaminantes atmosféricos, como os óxidos de nitróxeno
(NOx), e reaccionan coa luz solar, xerase ozono
troposférico (prexudicial para a saúde) ou o chamado smog
fotoquímico (néboa de cor marrón-avermellado).
Referencia
lexislativa e acordos internacionais
Na
actualidade existen dous reais decretos que controlan as emisións de
COV. Por un lado,o Real Decreto 117/2003 do 31 de xaneiro, sobre limitación de emisións de compostos
orgánicos volátiles debidas ao uso de disolventes en determinadas
actividades e, por outra parte, o Real
Decreto 227/2006
do 24 de febreiro, polo que se complementa o réxime xurídico sobre
a limitación
das emisións de compostos orgánicos volátiles en determinadas
pinturas e vernices e en produtos de renovación do acabado de
vehículos.
Calidade
do aire interior
Os
COV, no
ambiente interior, teñen numerosas fontes emisoras que son das máis
comúns as máis variadas, podendo destacar as emisións destes
compostos a partir de materiais de construción e decoración,
produtos de limpeza, fume do tabaco e actividades internas e
externas.
As
fontes de COV máis frecuentes no aire interior dos edificios son as
que se recollen na seguinte táboa:
Aire
exterior
|
Materiais
de construción
|
Produtos
de consumo
|
Actividades
|
Industrias
Tráfico
Garaxes
adxacentes
Plantas
de produción
de
Enerxía
Refinerías
Incineradoras
Plantas
de tratamento de residuos
|
Madeiras
Espumas
Recubrimentos
de paredes
Recubrimentos
de teitos
Recubrimentos
de chans
Produtos
de selado
Papeis
de parede e colas de empapelado
Masillas
|
Pinturas,
vernices e ceras
Plásticos
Disolventes
Alfombras
e moquetas
Fibras
téxtiles
Pesticidas
Repelentes
de insectos
Produtos
de limpeza
Cosméticos
Ambientadores
Antipolillas
Móbeis
|
Fume
de tabaco
Climatización
Cociñar
Limpar
Manualidades
Actividades
profesionais
|
Normalmente
as
concentracións serán máis elevadas en edificios recen construídos
ou remodelados e irán diminuíndo co paso do tempo.
Na
emisión dos COV inflúe o tipo de materiais empregados e factores
ambientais como a temperatura, humidade, cambios na ventilación do
edificio).
As
actividades profesionais desenvolvidas nos edificios, como por
exemplo en oficinas, tamén son unha carga importante de COV no
ambiente interior debido aos ordenadores, impresoras e
fotocopiadoras.
Efectos
na saúde
Os
efectos na saúde van a variar en función do tipo de composto e do
grado e duración da exposición. Os estudos realizados ata o de
agora demostran que gran parte dos COV presentes habitualmente no
aire interior poden causar irritación das membranas mucosas, ollos e
pel, náuseas e trastornos da memoria. A exposición a longo prazo
pode causar lesións no fígado, os riles e o sistema nervioso
central, e parte deles son sospeitosos ou comprobados CMR
(canceríxenos, mutaxénicos e/ou tóxicos da reprodución) como por
exemplo o benceno.