É
un gas pardo-vermello e de olor acre, moi asfixiante, máis denso có
aire e pouco soluble na auga.
Fontes
principais
O
dióxido de nitróxeno é un gas reactivo que está asociado a emisións
de fontes móbiles (vehículos e camións tanto con motores de
gasolina como diésel), de unidades de produción de enerxía
eléctrica, procesos industriais e procesos naturais (lóstregos).
Referencia
lexislativa e acordos internacionais
Os
valores límite do NO2
para
a protección da saúde recollido na Directiva
2008/50/CE eReal
Decreto 37/2003 do 24 de xaneiro, son
os seguintes:
|
Período
de medio
|
Valor
límite µg/m3 NO2
|
Valor
límite horario
|
1
hora
|
200
non poderán superarse en
máis de 18 ocasións por ano civil
|
Valor
límite anual
|
1
ano civil
|
40
|
Nivel
crítico(1)
|
1
ano civil
|
30
|
(1)
Para a aplicación deste
nivel so se tomarán en consideración os datos obtidos nas
estacións de medición definidas no apartado Iib. do anexo III.
Os
limiares de activación, información e de alerta recollidos no RD
son:
|
Parámetro
|
Limiar
µg/m3 NO2
|
Limiar
de activación
|
Medio
horario (1)
|
180
|
Limiar
de información
|
Medio
horario (2)
|
200
|
Limiar
de alerta
|
Medio
horario
|
400,
considerarase superado
cando durante 3 horas consecutivas se exceda dito valor cada hora
en lugares representativos da calidade do aire nunha área de,
como mínimo, 100 km2 ou nunha zona ou aglomeración enteira,
tomando a superficie que sexa menor
|
(1)
Haberá
de medirse ou determinarse preditivamente para a activación do plan,
durante un número determinado de horas a definir xustificadamente
pola administración competente, garantindo a protección da saúde
da poboación e que os medios necesarios estarán dispoñibles para a
adopción de medidas en caso de superación dos limiares de
información ou alerta.(2)
Durante
un número determinado de horas para o medio móbil 24 h ou días
para o medio diario a definir pola administración competente
sempre e cando permita garantir a protección da saúde da poboación.
Calidade
do aire interior
O
NO2
está
presente en ambientes interiores debido principalmente ao fume do
tabaco e aos procesos de combustión do gas, da leña, do gasóleo, do
queroseno, etc., especialmente naqueles sistemas sometidos a un
mantemento precario.
A
través da ventilación tamén contribúe o aire ambiente. No aire
ambiente os automóbiles xunto cos outros procesos de combustión a
altas temperaturas (carbón, petróleo, gas natural e incineradoras)
son as principais emisións de óxidos de nitróxeno que se oxidan
rapidamente para formar o dióxido de nitróxeno.
Habitualmente
os niveis son máis altos no inverno que no verán debido ao uso dos
sistemas de calefacción, a unha menor ventilación e á existencia
de maiores concentracións deste contaminante no aire exterior.
Efectos
na saúde
O
NO2 é un irritante do tracto respiratorio superior e dos
ollos. Segundo os niveis de exposición pode causar distintos efectos
na saúde:
- Exposicións a 2-10 ppm poden causar dor de cabeza, náuseas, vómitos
e tos.
- Exposicións a elevadas concentracións, 200 ppm, asócianse a edema
pulmonar agudo e morte. Niveis inferiores provocan en asmáticos unha
diminución da función pulmonar e poden alterar as defensas, os
parámetros bioquímicos e a función e estrutura do pulmón.
- Exposicións
crónicas poden afectar de forma significativa, podendo contribuír o
desenvolvemento de bronquites aguda ou crónica.
Sospéitase
que pode ter efectos sinérxicos con outros contaminantes presentes
en interiores.