Monóxido de carbono (CO)

Monóxido de carbono (CO)

É o gas incoloro e inodoro e isto fai que sexa extremadamente perigosos xa que as persoas expostas o inhalan sen percibilo producíndolles a morte. En ambientes interiores soe estar acompañado doutros produtos de combustión con olores característicos.

Fontes principais

O monóxido de carbono prodúcese cando os combustibles que conteñen carbono (gas butano, propano, gasolina, madeira, etc.) se queiman en condicións onde o osíxeno é limitado, e dicir, prodúcese unha combustión incompleta. As principais fontes de emisión de CO son os procesos de combustión en sectores non industriais, seguido polas actividades do sector agropecuario e polos procesos industriais sen combustión.

Referencia lexislativa e acordos internacionais

O valor límite do CO para a protección da saúde recollido na Directiva 2008/50/CE e no Real Decreto 34/2023, do 24 de xaneiro, relativa á mellora da calidade do aire é 10 mg/m3.

Calidade do aire interior

O CO está presente no aire interior por emisións dunha serie de fontes de combustión e a infiltración de aire do exterior. As fontes principais no interior son o uso de fontes de combustión mal ou parcialmente ventiladas, como poden ser cociñas e fornos de gas, electrodomésticos de gas, calefactores de gas ou queroseno, estufas de carbón ou madeira e combustión de tabaco así como a infiltración de aire procedente do exterior (os fumes de vehículos, camións ou autobuses de garaxes anexos, estradas próximas ou áreas de aparcamento poden ser unha fonte importante.

A exposición en interiores mal ventilados pode exceder os 110 mg/m3 (110 ppm), conducindo así a niveis de carboxihemoglobina do 10% ou mais con exposición continua. Os valores normais nunha persoa non fumadora está entre 0,3% e 0,7% e nun fumador a media é de 4%.

Efectos na saúde

O CO é un asfixiante químico que se une á hemoglobina do sangue e polo cal presenta unha afinidade case 250 veces superior co osíxeno, formando carboxihemoglobina (COHb), e diminuíndo a capacidade de aporte de osíxeno aos tecidos. O principal efecto do CO é un resultado do deterioro que se produce na capacidade da hemoglobina de unirse ao osíxeno, o que pode causar dores de cabeza, náuseas, mareos, cianoses, efectos cardiovasculares, incapacidade para respirar, fatiga e a altas concentracións, pode chegar a causar danos no sistema nervioso central e a morte.

A severidade do envelenamento por CO depende da súa concentración, duración da exposición e o estado xeral de saúde subxacente do individuo exposto. Dado que as concentracións de carboxihemoglobina en sangue son acumulativas co tempo, as exposicións prolongadas a baixas concentracións, poden provocar efectos sobre a saúde: redución da tolerancia ao exercicio e o incremento dos síntomas de enfermidade isquémica, dos danos cardíacos e da morbilidade cardiovascular.

​​​

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde