O
Ozono está composto por tres átomos de osixeno é un gas incoloro
de olor penetrante e moi oxidante, capaz de reaccionar con todo tipo
de substancias, xa sexan tecidos vivos ou materiais inertes. En
condicións estándar ten unha vida media de aproximadamente 20-60
minutos (dependendo da calidade, temperatura e humidade do aire
ambiente, inda que depende da temperatura, pH e calidade da auga), de
olor acre penetrante e detectable polo olfacto a concentracións
entre 0,02 e 0,05 ppm.
O
ozono é considerado un gas de efecto invernadoiro que contribúe ao
quentamento da atmosfera.
Fontes
principais
Na
troposfera, o O3 pode proceder da entrada dende a estratosfera ou ben
ser orixinado de maneira secundaria a partir de reaccións químicas
complexas dende a proximidade das fontes de emisión dos seus gases
precursores ata as zonas receptoras da contaminación, reaccións nas
que participan outros gases contaminantes que actúan como
precursores, principalmente óxidos de nitróxeno (NO2 secundario,
xunto ao emitido como primario) e compostos orgánicos volátiles
(COVs, tanto antrópicos como bioxénicos procedentes da vexetación)
en presencia de luz solar (produción fotoquímica local). Non
obstante, outras veces pode aparecer polo transporte dende longas
distancias de este contaminante producido noutras áreas.
As
emisións de instalacións industriais e aparatos eléctrico, fumes
de vehículos, vapores de gasolina e disolventes químicos son as
principais fontes de óxidos de nitróxeno e compostos orgánicos
volátiles.
Referencia
lexislativa e acordos internacionais
Os
valores
obxectivo, obxectivo a longo prazo e os limiares de activación, de
información e de alerta relativos ao ozono troposférico
para
a protección da saúde recollido no Real Decreto 34/2023,
do 24 de xaneiro, son os seguintes:
|
Parámetro
|
Valor
límite µg/m3
|
Valor
obxectivo
|
Máxima
diaria das medias móbiles octohorarias (1)
|
120
valor que non se poderá
superar en máis de 25
días por cada
ano civil
de medio nun período de 3 anos
|
Obxectivo
a longo prazo
|
Máxima
diaria das medias móbiles octohorarias nun ano civil
|
120
|
(1)
O máximo das medas móbiles octohorarias do día deberá
seleccionarse examinando medias móbiles de oito horas, calculados a
partir de datos horarios e actualizados cada hora. Cada medio
octohorario así calculado asignarase ao día en que dito medio
termina, é dicir, o primeiro período de cálculo para un día
calquera será o período a partir das 17.00 h do día anterior ata a
1.00 h de dito día; o último período de cálculo para un día
calquera será o período a paritr das 16.00 h ata as 24.00 h de dito
día.
Os
limiares de activación, información e de alerta recollidos no RD
son:
|
Parámetro
|
Limiar
µg/m3
|
Limiar
de activación
|
Medio
de 8 horas h (1)
|
120
|
Limiar
de información
|
Medio
horario
|
180
|
Limiar
de alerta
|
Medio
horario (2)
|
240
|
(1)
O valor medio de 8 h haberá de medirse ao determinarse
predictivamente para a activación do plan, durante un número
determinado de horas ou días a definir xustificadamente pola
administración competente, garantindo a protección da saúde da
poboación e que os medios necesarios estarán dispoñibles para a
adopción de medidas no caso de superación dos limiares de
información ou alerta.
(2)
A
efectos da aplicación do artigo 25, a superación do limiar debese
medir ou prever durante tres horas consecutivas.
Calidade
do aire interior
No
ambiente interior orixínase en aqueles equipos que xeran unha
descarga de potencial entre placas metálicas ou con existencia de
radiacións ultravioleta. Isto ocorre en máquinas fotocopiadoras,
impresoras láser, equipos electroestáticos para purificación do
aire, motores eléctricos e equipos con radiación UV, como os
empregados en desinfección.
O
emprego de xeradores de ozono como desinfectante e desodorizante en
locais pechados para o control de microorganismos, cheiros, etc.,
debe realizarse sempre polo persoal experto e baixo condicións de
estrito control, sen presencia de persoas na área tratada e
renovando o aire interior despois da súa aplicación.
Efectos
na saúde
Debido
o seu poder oxidante os efectos inmediatos sobre a saúde son:
irritación do tracto respiratorio e dos ollos, tos, dificultades
respiratorias, etc. A medio prazo pódese producir diminución xeral
do rendemento físico, así como síntomas de malestar xeral tales
como: dor de cabeza, cansazo, pesadez, etc. A longo prazo pode
producir alteracións na función pulmonar (pneumonite e pneumonía).
En
xeral, os efectos da exposición ao ozono acentúanse canto maior é
a súa concentración, o tempo de exposición e os niveis de
actividade física durante a mesma. A gravidade da resposta depende
estreitamente da sensibilidade do sistema respiratorio e, a miúdo,
do estado inmunitario da persoa exposta, polo que é importante
establecer un sistema de traballo que permita renovar o aire no
espazo tratado con O3
antes de que sexa ocupado.