Últimas publicacións

  • Imaxe contido

    Recomendacións sanitarias e efectos sobre a saúde

    A OMS recoñece a contaminación do aire como un factor de risco para a saúde humana e inda que existen limiares para elementos contaminantes presentes no aire exterior, non existe un límite a partir do cal os eleme10ntos contaminantes non son un risco para a saúde.

    Por elo, é necesario o establecemento de recomendación actualizadas para diminuír a exposición da poboación a dito risco. A inclusión das recomendacións para a saúde, demostraron a diminución dos problemas de saúde derivados da exposición aos contaminantes que se atopan no aire exterior.​​​​​​​​​​​

  • Imaxe contido

    Recomendacións ante incendios forestais

    Os incendios forestais, especialmente cando son descontrorlados, constitúen unha fonte importante de contaminación do aire en zonas urbanas e rurais. Inncrementan a deterioración ambiental, agravando a contaminación do aire, tanto externo como de interior.
  • Imaxe contido

    Información xeral

    0s problemas na calidade do aire do interior recoñecense como importantes factores de risco para o ser humano tanto en países con altos, medios e baixos ingresos. O aire interior é importante tamén porque as persoas pasan unha proporción substancial do seu tempo en edificios. En residencias, centros de saúde de día e outros edificios especiais, a contaminación do aire interior afecta a grupos de poboación que son particularmente vulnerables debido ao seu estatus de saúde ou idade.​​​
  • Imaxe contido

    Fontes de contaminación e factores de risco

    O ambiente interior en calquera clase de edificio, incluídas vivendas, é un resultado da interacción entre o sistema do edificio (deseño orixinal e as subsecuentes modificacións da estrutura e os sistemas mecánicos), as técnicas de construción, as fontes de contaminación (materiais de construción e mobiliario, humidade, procesos e actividades dentro do edificio), os ocupantes do edificio e as fontes externas.​
3 de 8
Elementos por páxina
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde