Unha
deficiencia na calidade do aire interior pode dar lugar a efectos
sobre os individuos que afectan a súa saúde, confort e
produtividade. Segundo a OMS nas cidades pasase do 80 ao 90% da
xornada en espazos pechados (oficinas, escolas, hospitais, comercios,
domicilio, etc.) polo que para preservar a saúde das persoas é
importante seguir as normativas vixentes para a calidade do aire
interior na que se establecen parámetros de actuacións específicos
na construción, ventilación e mantemento de espazos pechados para
garantir a salubridade dos seus ocupantes.