Últimas publicacións

  • Imaxe contido

    Benceno

    A exposición a benceno está relacionada con importantes problemas de saúde, a Axencia Internacional para a Investigación do Cancro (IARC, polas súas siglas en inglés) clasificouno no grupo 1 como canceríxeno en humanos, incluso establece unha relación directa con desenvolvemento de leucemias mieloides en adultos expostos ocupacionalmente.
  • Imaxe contido

    Metais

    Os metais pesados como o chumbo, níquel, cadmio e arsénico son contaminantes comúns no aire e son emitido principalmente por algunhas industriais y a combustión de carbón. Inda que os seus niveis son baixos, a súa deposición e o consecuente aumento do seu contido en chans, sedimentos e organismos pode afectar posteriormente vía a inxesta de alimentos (cadea trófica).​ 

  • Imaxe contido

    Os principais contaminantes físicos

    Cando falamos de axentes físicos na calidade do aire interior estámonos referindo ás condicións termohigrométricas (temperatura, humidade e velocidade do aire), a iluminación, o ruído ambiental, as vibracións percibidas e os campos electromagnéticos. Estes factores, a diferencia dos químicos e os biolóxicos, son máis fáciles de identificar e cuantificar.
  • Imaxe contido

    Información xeral

    Os científicos dedicados ás cuestións climáticas demostraron que as persoas somos responsables do quecemento global dos últimos 200 anos. As actividades humanas, principalmente a queima de combustibles fósiles como o carbón, o petróleo e o gas, xeran gases de efecto invernadoiro que elevan a temperatura do planeta ao ritmo máis rápido dos 2000 anos pasados.

    O aumento da temperatura só é o principio, a Terra é un sistema, no que todo está conectado, os cambio dunha zona poden influír nos cambios de todas as demais.​​​​​​​​​​​​​​​

  • Imaxe contido

    As causas do cambio climático. Os gases do efecto invernadoiro

    Os gases da atmosfera actúan de forma parecida ao cristal dun invernadoiro: reteñen a calor do sol e impiden que escape ao espazo, provocando así o quecemento global.

    Moitos gases de efecto invernadoiro prodúcense de forma natural na atmosfera. Con todo, a actividade humana contribúe á súa acumulación e aumenta o quecemento da Terra. Como consecuencia, os patróns de neve e precipitacións cambian, as temperaturas medias aumentan e fenómenos climáticos extremos, como ondas de calor e inundacións, danse con máis frecuencia.​​​​​

5 de 8
Elementos por páxina
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde