É
o gas incoloro e inodoro que forma parte da natureza e que é indispensable para a vida na terra, xa que é absorbido polas plantas e mediante os procesos de fotosíntese é transformado en osíxeno e en hidratos de carbono e ademais é producido nos procesos naturais de respiración dos animais e dos seres vivos. Con todo, o CO2 tamén é considerado un dos principais gases de efecto invernadoiro.
Fuentes
principais
A súa
presenza na atmosfera débese a fontes antropoxénicas e naturais.
Dentro do ciclo natural do carbono, o CO2 xoga
un papel importante en gran número de procesos biolóxicos. En relación
coas actividades humanas, emítese principalmente debido ao
consumo de combustibles fósiles (carbón, petróleo e os seus
derivados e gas natural) e da leña para xerar enerxía, e polos
incendios forestais. A deforestación tamén contribúe ao aumento
dos niveis deste gas de efecto invernadoiro.
A nivel
do aire interior, a súa concentración está relacionada coas
variables: concentración en aire exterior, fontes interiores, nivel
de ocupación e taxa de ventilación.
Referencia
lexislativa e acordos internacionais
En
xuño de 2021, o Parlamento aprobou a nova Lei
do Clima da UE, cuxo obxectivo de reducir as
emisións netas de gases de efecto invernadoiro a lo menos nun 55%
para 2030 (dende o 40% actual) e fai xuridicamente vinculante a
neutralidade climática para 2050.
A
Lei
Europea del Clima é parte do Pacto
Verde Europeo,
a
folla de ruta de UE que busca a neutralidade climática. Para
conseguir este obxectivo, a Unión Europea propuxo un ambicioso
paquete lexislativo chamado
“Obxectivo
55 en 2030”,
sendo
este un conxunto de propostas encamiñadas a revisar e actualizar a
lexislación da UE e por en marcha novas iniciativas co fin de
garantir que as políticas da UE se axusten aos obxectivos climáticos
acordados polo Consello e o Parlamento Europeo.
No
relativo á calidade do aire interior, o Real
Decreto 1027/2007, do 20 de xullo, polo que
se aproba o Regulamento de Instalacións Térmicas de Edificios
(RITE) propón os valores de concentración que abranguen dende 350
ppm ata 1.200 ppm en función da calidade do aire exixible ao local.
Calidade
de aire interior esixible
|
ppm
CO2*
|
IDA
1 (aire de óptima calidade): hospitais, clínicas,
laboratorios e escola infantís.
|
350
|
IDA
2 (aire de boa calidade): oficinas, residencias (locais
comúns de hoteis e similares, residencias de anciáns e estudantes),
salas de lectura, museos, salas de tribunais, aulas
de ensino e asimilables e piscinas.
|
500
|
IDA
3 (aire de calidade media): edificios comerciais, cinemas,
teatros, salóns de actos, habitacións de hoteis e similares,
restaurantes, cafeterías, bares, salas de festas, ximnasios,
locais para o deporte (salvo piscinas) e salas de computadores.
|
800
|
IDA
4 (aire de calidade baixa)
|
1.200
|
*
Valores de concentración de CO2 (en partes por millón en volume)
por encima da concentración existente no aire exterior
Calidade do aire interior
A principal fonte de CO2 nun ambiente interior é a respiración humana.
Os
niveis habituais que podemos encontrar nun ambiente interior estarán
relacionados con: calidade do aire exterior, fontes interiores,
niveis de ocupación e taxas de ventilación. Debido ás
características deste contaminante, en ambientes non industriais
onde a única fonte é a respiración humana, pódese tomar a
concentración deste gas como parámetro de control da calidade do
aire interior e do bo ou mal funcionamento do sistema de ventilación
(os sensores de dióxido de carbono empréganse para controlar o bo funcionamento dos equipos de renovación do aire interior).
Segundo
a Guía Técnica do INSST para a avaliación e prevención dos riscos relativos ao emprego de lugares de traballo, cando
a concentración supera o valor de 1.000 ppm é sinal de que a
ventilación é inadecuada. Se
ben o dióxido de carbono non se considera un gas tóxico, nin tan
sequera nocivo para a saúde humana, altas concentracións no aire
interior deste gas producen unha sensación pouco confortable debido
a que despraza o osixeno do aie e fai que a respiración sexa máis
fatigosa.
Efectos na saúde
O
principal efecto na saúde é a asfixia pola súa capacidade de desprazamento
do osíxeno (concentracións por baixo do 20%). En concentracións
elevadas, maiores de 30.000 ppm, pode causar dor de cabeza,
falta de concentración, somnolencia e problemas
respiratorios dependendo da concentración e do tempo de exposición.
Fai falta
destacar que as persoas con problemas de asma ou síndrome químico
múltiple deben proverse con baixas concentracións de CO2.
En relación
coa súa influencia na saúde a través do cambio
climático, asóciase, tanto de maneira directa como indirecto, cun
incremento da morbilidade e da mortalidade, especificamente cun
aumento do incidente de enfermidades cardiovasculares,
respiratorias, inmunolóxicas, infecciosas e cancerosas.