Partículas (PM 10 e PM 2,5)

Partículas (PM 10 e PM 2,5)

Trátase dunha mestura de contaminantes dispersos no aire en forma de aerosois líquidos ou sólidos, que poden presentarse como feluxe, nubes de po ou brétema, non podendo detectarse illadamente a simple vista.

En ambientes​ interiores, as partículas de máis de 10 µm de diámetro considéranse po. No ambiente laboral podemos atopar:

  • Po mineral: aqueles que conteñen sílice libre cristalina, carbón ou cemento.
  • Po metálico: chumbo, cadmio, níquel, berilio.
  • ​Po químico: plaguicidas ou reactivos químicos.
  • Po orgánico e vexetal: fariña, madeira, algodón, pole.
  • Po biolóxico: mofos e esporas.

Idenficanse normalmente como materia particulada (PM particulate matter) con un subíndice que indica o diámetro aerodinámico máximo da partícula.

Fontes principais

Poden producirse de forma primaria, emitidas por unha fonte (combustións, po, etc.), ou ben orixinarse por reaccións na atmosfera entre substancias químicas como os óxidos de xofre e os óxidos de nitróxeno que son emitidos dende plantas de xeración de enerxía, industrias e automóbiles.

Referencia lexislativa e acordos internacionais

PM 10

Os valores límite do partículas PM 10 en condicións ambientais para a protección da saúde recollido no Real Decreto 34/2023, do 24 de xaneiro, son os seguintes:


Período de medio

Valor límite µg/m3

Valor límite diario

24 horas

50 valor que non se poderá superar en máis de 24 ocasións por ano

Valor límite anual

1 ano civil

40

Os limiares de activación, información e de alerta recollidos no RD son:


Parámetro

Limiar µg/m3

Limiar de activación

Medio 24 h ou medio móbil 24 h (1)

40

Limiar de información

Medio 24 h ou medio móbil 24 h (2)

50

Limiar de alerta

Medio 24 h ou medio móbil 24 h (2)

80

(1)Haberá de medirse ou determinarse preditivamente para a activación do plan, durante un número determinado de horas a definir xustificadamente pola administración competente, garantindo a protección da saúde da poboación e que os medios necesarios estarán dispoñibles para a adopción de medidas en caso de superación dos limiares de información ou alerta.

(2)Durante un número determinado de horas para o medio móbil 24 h ou días para o medio diario a definir pola administración competente sempre e cando permita garantir a protección da saúde da poboación.

PM 2,5

Os valores límite do partículas PM 2,5 en condicións ambientais para a protección da saúde recollido no Real Decreto 34/2023, do 24 de xaneiro, son os seguintes:


Período de medio

Valor límite µg/m3

Valor obxectivo anual

1 ano civil

25

Valor límite anual

1 ano civil

25

Os limiares de activación, información e de alerta recollidos no RD son:


Parámetro

Limiar µg/m3

Limiar de activación

Medio 24 h ou medio móbil 24 h (1)

25

Limiar de información

Medio 24 h ou medio móbil 24 h (2)

35

Limiar de alerta

Medio 24 h ou medio móbil 24 h (2)

50

(1)Haberá de medirse ou determinarse preditivamente para a activación do plan, durante un número determinado de horas a definir xustificadamente pola administración competente, garantindo a protección da saúde da poboación e que os medios necesarios estarán dispoñibles para a adopción de medidas en caso de superación dos limiares de información ou alerta.

(2)Durante un número determinado de horas para o medio móbil 24 h ou días para o medio diario a definir pola administración competente sempre e cando permita garantir a protección da saúde da poboación.

Calidade do aire interior

As fontes de partículas no ambiente interior inclúen fume ambiental do tabaco, cociña, calefacción, produtos de consumo, materiais de construción, po, resuspensión de partículas procedentes de la actividade humana tales como o uso de aspiradoras e tráfico pedestre, infiltración de partículas do exterior e aerosois orgánicos secundarios.

Efectos na saúde

O rango de tamaño que pode considerarase perigoso en relación con orixinar efectos sobre a saúde humana e afectar a calidade do aire está comprendido entre 0,1 e 10 µm de diámetro xa que, en xeral, estas partículas, unha vez inhaladas, teñen maior capacidade de penetración no sistema respiratorio. A menor tamaño, máis capacidade para chegar aos alvéolos pulmonares (bolsas diminutas de aire nas terminacións dos bronquíolos, que son o lugar onde os pulmóns e o torrente sanguíneo intercambian dióxido de carbono e osíxeno). Ao marxe do seu tamaño, o seu efecto tóxico está estreitamente relacionado coa súa composición.

Tamaño de partícula

Zona do sistema respiratorio alcanzada

5 – 10 µm

Nasofarinxe

3 – 5 µm

Traquea

2 – 3 µm

Bronquios

1 – 2 µm

Bronquíolos

0,1 – 1 µm

Alvéolos

Tanto as exposicións a corto prazo como a longo prazo producen problemas de saúde. Os efectos sobre a saúde dependen do tipo de partícula e a súa facilidade de penetración no organismo. Entre estes están:

  • Enfermidades pulmonares clásicas (pneumoconiosis).
  • Irritacións e inflamacións de vías respiratorias e ollos (alveolitis, bronquiolitis, fibrosis, asma, etc.).
  • Maior incidencia e agravamento de enfermidades respiratorias e cardiovasculares.
  • Aumento da frecuencia de cancro pulmonar a longo prazo.
  • Lesións de pel: irritación cutánea e dermatosis.
  • Lesións nos ollos (conxuntivites).

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde