Os
gases da atmosfera actúan de forma parecida ao cristal dun
invernadoiro: reteñen a calor do sol e impiden que escape ao espazo,
provocando así o quecemento global.
Moitos
gases de efecto invernadoiro prodúcense de forma natural na
atmosfera. Con todo, a actividade humana contribúe á súa
acumulación e aumenta o quecemento da Terra. Como consecuencia, os patróns de neve e precipitacións cambian, as temperaturas medias aumentan e fenómenos climáticos extremos, como ondas de calor e inundacións, danse con máis frecuencia.