Fontes de contaminación e factores de risco

Fontes de contaminación e factores de risco

A contaminación do aire é unha das maiores ameazas medioambientais para a saúde humana, xunto co cambio climático. A mellora da calidade do aire pode potenciar os esforzos de mitigación do cambio climático, mentres que a redución das emisións mellorará a súa vez a calidade do aire. O esforzarse por alcanzar estes niveis de referencia, os países estarán protexendo a saúde das persoas e mitigando o cambio climático mundial.

A contaminación atmosférica, segundo a Lei 34/2007, do 15 denovembro, de calidade do aire e protección da atmosfera, é a presenza na atmosfera de materias, sustancias ou formas de enerxía que impliquen molestia grave, risco ou dano para a seguridade ou a saúde das persoas, o medio ambiente e demais bens de calquera natureza. Estas sustancias que modifican as características naturais da atmosfera.

A contaminación atmosférica é o factor do risco ambiental máis significativo para a saúde no ámbito europeo. Como a exposición á contaminación do aire non pode ser controlada polas persoas individualmente, requírense medidas nas políticas sectoriais responsables de áreas como o transporte, a industria, a produción de enerxía, o depósito e tratamento de residuos e planificación urbana, entre outras, no ámbito nacional e internacional para poder diminuír os niveis de contaminantes no aire.

Como o aire puro non existe é necesario definir uns criterios estandarizados que definan unha boa calidade do aire a partir da concentración dos seus compoñentes co fin de protexer a saúde pública e o medio ambiente dos efectos adversos dos contaminantes atmosféricos e eliminar ou reducir ao mínimo posible a exposición a aqueles que sabemos que son perigosos.

Dende 1987 a OMS recomenda periodicamente uns valores guía, baseados no coñecemento científico dispoñible en cada momento (revisión da evidencia científica sobre o impacto en saúde derivada dos estudos do ámbito epidemiolóxico, toxicolóxico, de ensaios en animais, estudos in vitro, etc.). Esta recomendación é unha ferramenta para reducir a exposición das persoas ao aire contaminado e os seus efectos adversos. Estas recomendacións non son adoptadas directamente pola lexislación dos diferentes países, que deben equilibrar os riscos para a saúde, a viabilidade tecnolóxica, os aspectos económicos e outros de carácter político e social que dependen do nivel de desenvolvemento da sociedade e a súa capacidade para xestionar a calidade do aire.

En outubro de 2022, a Comisión presentou unha proposta (COM(2022)0542 e anexos) destinada a actualizar e fusionar as Directivas vixentes sobre calidade do aire ambiente (2004/107/CE e 2008/50/CE) nunha única directiva e realizar unha revisión das mesmas cons seguintes obxectivos:

  • Fixar para tódolos contaminantes atmosféricos uns valores límite e obxectivo vinculantes para 2030 máis estritos e máis adecuación dos estándares da calidade do aire ambiente da UE as últimas recomendacións da OMS.
  • Mellorar o marco lexislativo da calidade do aire, incluídas as sancións e información o público.
  • Establecer disposicións en materia de calidade do aire que contribúan a que a UE cumpra o seu obxectivo de ausencia de contaminación para 2050.

A nova Directiva de Calidade do Aire 2024/2881 da UE, publicada en novembro de 2024, establece normas de calidade do aire máis estritas. Os datos dos valores límite que se recollen son:

Contaminante

Período de cálculo

Directiva anterior

Directiva actual

Cumprimento antes do 11 de decembro de 2016

Cumprimento antes do 1 de xaneiro do 2030

CO

24 horas

10 µg/m3

10 µg/m3 máxima diaria das medidas octohorarias


NO2

Anual

40 µg/m3

40 µg/m3

20 µg/m3

24 horas

-

200 µg/m3

50 µg/m3 non poderá superarse máis de 18 veces por ano civil

24 horas

-

-

200 µg/m3 non poderá superarse máis de 3 días de superación por ano civil

O3

8 horas

120 µg/m3

120 µg/m3 non poderá superarse máis de 18 veces por ano civil, promediados nun período de 3 anos

100 µg/m3 non poderá superarse máis de 3 días de superación por ano civil (percentil 99)(*)

PM 2,5

Anual

25 µg/m3

-

10 µg/m3

24 horas

35 µg/m3

25 µg/m3

25 µg/m3 non poderá superarse máis de 18 veces por ano civil

PM 10

Anual

40 µg/m3

40 µg/m3

20 µg/m3

24 horas

50 µg/m3

50 µg/m3 non poderá superarse máis de 18 veces por ano civil

45 µg/m3 non poderá superarse máis de 18 veces por ano civil

SO2

Anual

125 µg/m3

-

20 µg/m3

24 horas

125 µg/m3

125 µg/m3 non poderá superarse máis de 24 veces por ano civil

50 µg/m3 non poderá superarse máis de 18 veces por ano civil

1 hora

-

350 µg/m3 non poderá superarse máis de 24 veces por ano civil

350 µg/m3 non poderá superarse máis de 3 veces por ano civil

(*) Cumprimento a máis tardar 1 de xaneiro de 2050


Existen dúas liñas principais de actuación fronte á contaminación do aire ambiente:

  • Establecemento de medidas de control fronte ás fontes de emisión habituais nunha zona determinadas.
  • Implantación de sistemas de vixilancia da calidade do aire (Galicia e España)

Existe un grupo de contaminantes presentes especificamente no aire ambiente dos núcleos urbanos. Estes contaminantes que se recollen la normativa son: benceno, dióxido de carbono, compostos orgánicos volátiles, dióxido de nitróxeno, monóxido de carbono, ozono, partículas PM2,5 e PM10, arsénico, cadmio, níquel e chumbo.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde