Os principais contaminantes químicos

Os principais contaminantes químicos

A calidade do aire que respiramos en espazos interiores é esencial para evitar posibles efectos adversos para a saúde das persoas de distinta gravedade, tanto a corto como o longo prazo. A inhalación de contaminantes químicos, como dióxido de carbono (CO2), compostos orgánicos volátiles (COV), e materia particulada; axentes biolóxicos; estar expostos a temperaturas e humedade relativa inadecuadas son algúns dos parámetros que é necesario controlar.

Os contaminantes químicos do aire interior poden presentarse como gases e vapores (inorgánicos e orgánicos) e partículas. A súa presencia no ambiente interior é o resultado da entrada ao edificio dende o ambiente exterior ou a súa xeración dentro do edificio.

A procedencia máis habitual destes contaminantes son os produtos derivados da combustión, os materiais de construción e decoración, os produtosempregados en actividades cotiáns, como a limpeza e os equipos e instalacións do edificio.

Unha característica importante dos contaminantes do aire interior é que as súas concentracións varían tanto espacial como temporalmente en maior medida que no exterior. Esto debese á gran variedade de fontes, o funcionamento intermitente dalgunhas fontes e aos diversos sumidoiros presentes. As variacións espaciais dentro dunha habitación tenden a ser menos pronunciadas que as variacións temporais.

Os contaminantes químicos máis habituais pódense clasificar sete grupos:

1. Produtos xerados polos ocupantes: CO2

Os contaminantes xerados polas persoas que ocupan o ambiente interior son denominados bioefluentes. A presenza de niveis altos dos bioinfluentes está relacionada co nivel de ocupación e coa escasa capacidade do sistema de renovación do aire.

2. Produtos derivados da combustión (CO2, CO, NO2, SO2)

Tratase de contaminantes gaseosos orixinados en procesos de combustión, podendo estar presentes no aire interior debido a fontes internas (consumo de combustibles en aparatos que queiman gasóleo, queroseno ou gas, motores de combustión, etc.) ou poden proceder do exterior.

3. Compostos orgánicos volátiles (COV)

Compostos pertencentes a diferentes familias químicas que teñen en común a súa base química de carbono e a súa capacidade para volatilizarse a temperatura ambiente de forma más o menos rápida.

No ambiente interior son liberados polos materiais de construción e decoración (pinturas, barnices, colas, madeira prensada, etc.), así como por produtos de limpeza, ambientadores, biocidas, equipamento de oficina (impresoras, fotocopiadoras, etc.) e material de oficina (pegamentos, rotuladores, etc.). A súa concentración en interiores soe ser superior á do aire exterior e é máis elevada en edificios recén construidos ou remodelados, e diminuirá co paso do tempo.

Na actualidade, en España, existen dous reais decretos que controlan as emisións de COV: Real Decreto 117/2003, do 31 de xaneiro, sobre limitacións de emisións dos compostos orgánicos volátiles debidas o uso de disolventes en determinadas actividades e, por outra parte, o Real Decreto 227/2006, do 24 de febreiro, polo que se complementa o réxime xurídico sobre a limitación das emisións de compostos orgánicos volátiles en determinadas pinturas e barnices e en productos de renovación do acabado de vehículos.

4. Partículas e fibras en suspensión

A materia particulada presente na atmosfera, varia amplamente na súa composición química e física en función da fonte emisora e do tamaño de partícula emitida. O material particulado presente na atmosfera clasificase en fraccións que teñen que ver co tamaño de cada unha das partículas que o constituen. Podense facer dous grupos:

    4. 1. Partículas. Tratase dunha mestura de contaminantes dispersos no aire en forma de aerosois líquidos ou sólidos. Algunhas das partículas, como o po, a sucidade, o feluxe, o fume, son suficientemente grandes e escuras como para velas a simple vista. Outras, partículas en suspensión (PM), compoñense dunha mestura complexa de aerosois e sólidos microscópicos de distinto orixe e composición.

    As PM divídense en distintos grupos en función do seu tamaño:

  • Partículas gro​​​sas “PM10”: aquelas que teñen un diámetro igual ou inferior a 10 µm.

  • Partículas finas “PM2,5”: aquelas que teñen un diámetro igual o inferior a 2,5 µm.

  • Partículas ultrafinas “PM0,1”: aquelas que teñen un diámetro igual o inferior a 0,1 µm.

    4.2. Fibras. Trátase das partículas alongadas cuxa lonxitude é varias veces superior o seu diámetro. As fibras non respirables son as fibras máis grosas que non se manteñen moito tempo en suspensión no aire e que, aínda que chegaran a ser inhaladas, quedarían retidas e serán eliminadas nas partes anteriores do sistema respiratorio.

5. Radón

O radón é un gas radioactivo de orixe natural, incoloro, inodoro e insípido, que emana de rocas e chans e pasa o aire, onde se desintegra e emite outras partículas radioactivas. O aire libre o radón dilúese rapidamente ata alcanzar concentracións moi baixas, pero en espazos pechados tende a concentrarse, sobre todo en lugares pouco ventilados e pisos baixos, sotos ou minas.

6. Ozono (O3)

O ozono é un contaminante secundario que se forma a partir dunha complexa serie dereaccións químicas dos contaminantes primarios precursores, principalmente óxidos de nitróxeno e compostos orgánicos volátiles (tanto antrópicos como bioxénicos procedentes da vexetación), en presencia de osíxeno atmosférico e radiación solar.

O ozono ten un efecto positivo na estratosfera, onde se atopa formando a denominada capa de ozono, xa que protexe da radiación ultravioleta. Sen embargo, na troposfera (a capa da atmosfera en contacto coa terra) convértese nun contaminante que actúa como un potente e agresivo axente oxidante.

7. Fume do tabaco

O fume do tabaco ambiental (FTA) defínese como o material presente no interior procedente do fumo do tabaco, principalmente dos cigarrillos, inda que tamén contribuen o fume de pipa e puros. O FTA é un aerosol composto que emana principalmente do cono de combustión dun produto do tabaco entre aspiracións, denominado fume de fluxo lateral (FL) e en menor medida do fume de fluxo central (HC), aquel que exhala o fumador.

8. Olores

O olor definese como a sensación resultante da recepción dun estímulo polo sistema sensorial olfativo, tratándose en algunhas ocasións dunha cuestión subxetiva, xa que inda que se deba ás sustancias químicas disoltas no aire, varios factores psicolóxicos poden desempeñar certo papel na percepción dos mesmos.​

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde