Últimas publicacións

  • Imaxe contido

    Metais

    Os metais pesados como o chumbo, níquel, cadmio e arsénico son contaminantes comúns no aire e son emitido principalmente por algunhas industriais y a combustión de carbón. Inda que os seus niveis son baixos, a súa deposición e o consecuente aumento do seu contido en chans, sedimentos e organismos pode afectar posteriormente vía a inxesta de alimentos (cadea trófica).​ 

  • Imaxe contido

    Os principais contaminantes físicos

    Cando falamos de axentes físicos na calidade do aire interior estámonos referindo ás condicións termohigrométricas (temperatura, humidade e velocidade do aire), a iluminación, o ruído ambiental, as vibracións percibidas e os campos electromagnéticos. Estes factores, a diferencia dos químicos e os biolóxicos, son máis fáciles de identificar e cuantificar.
  • Imaxe contido

    Información xeral

    Os científicos dedicados ás cuestións climáticas demostraron que as persoas somos responsables do quecemento global dos últimos 200 anos. As actividades humanas, principalmente a queima de combustibles fósiles como o carbón, o petróleo e o gas, xeran gases de efecto invernadoiro que elevan a temperatura do planeta ao ritmo máis rápido dos 2000 anos pasados.

    O aumento da temperatura só é o principio, a Terra é un sistema, no que todo está conectado, os cambio dunha zona poden influír nos cambios de todas as demais.​​​​​​​​​​​​​​​

  • Imaxe contido

    As causas do cambio climático. Os gases do efecto invernadoiro

    Os gases da atmosfera actúan de forma parecida ao cristal dun invernadoiro: reteñen a calor do sol e impiden que escape ao espazo, provocando así o quecemento global.

    Moitos gases de efecto invernadoiro prodúcense de forma natural na atmosfera. Con todo, a actividade humana contribúe á súa acumulación e aumenta o quecemento da Terra. Como consecuencia, os patróns de neve e precipitacións cambian, as temperaturas medias aumentan e fenómenos climáticos extremos, como ondas de calor e inundacións, danse con máis frecuencia.​​​​​

  • Imaxe contido

    As actuacións para previr o cambio climático. Os principais acordos internacionais

    A resposta internacional ao cambio climático foi evolucionando ao longo dos anos, conforme se desenvolve a evidencia científica e se fai patente a necesidade de contar cun marco internacional axeitado para facer fronte ao cambio climático.

    Sobre a base da información científica proporcionada polo IPCC (Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático), ao longo dos anos fóronse poñendo en marcha distintos instrumentos internacionais de loita contra o cambio climático.​​​​​​​​​​

  • Imaxe contido

    O impacto do cambio climático na saúde

    A Organización Mundial da Saúde (OMS) advertiu que a saúde de millóns de persoal podría verse amenazada polo aumento de enfermedades relacionadas co cambio climático. O cambio climático afecta negativamente aos determinantes sociais e medioambientais da saúde, empeora as desigualdades sociais, económica e demográficas con consecuencias que se sinten en tódalas poblacións ainda que éstas son máis acusada nos grupos poblacionais que son máis vulnerables tanto en términos sociais como económicos.​

4 de 6
Elementos por páxina
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde